Blogia
a xanela

Carta a Deus.

Querido Deus:

Espero que ao recibo desta, se atope ben. Nós mal, como sempre. Agora por un asunto que quizáis lle interese e non sexa sinxelo de resumilo en dúas palabras. Resulta que unha parte dos seus fieis pretende que o Estado financie os gastos inherentes a unha asignatura de relixión católica. Como son xente moi belicosa, díxoselle no seu día que de acordo, que as escolas ofrecerían obrigatoriamente esta "materia", inda que sería de carácter voluntario para o alumnado. En principio parecía unha solución equitativa e xusta, porque ningunha das partes se impoñía sobre a outra. Pero agora desexan que os alumnos que non estuden relixión se lles penalice de modo algún, para evitar disercións. Deus, e é que os teus non conciben outra forma de difundi-la túa existencia que a través do BOE e en forma de Decreto.

Que raro que ao cabo dos tempos, Deus volte a se-lo de sempre: un decreto, un proxecto de lei, unha ordenanza imposta a gritos dende un púlpito radiofónico no que tódo-los días se crucifica a alguén no cumprimento, unha vez máis, daquela regla segundo a cal o crucificado se converterá en crucificador. Os nosos queridos obispos, que nunca saíran á rúa, manifestáronse xa unhas cantas veces recentemente: para esixirlles aos homosexuais que abracen o celibato, outra para dicirlle ás nais o que teñen que facer cos seus embrións e outra para converterte nun precepto. ¿É razonable que os individuos que non se movilizan por nada, estando o mundo feito un cristo (con perdón), se comporten así?.

E namentres, outros din que mellor é non queixarse, porque agora somente gritan. Fai moi pouco, mataban. De feito, todavía circulan por aí versións de vostede nas que aparece como un sanguinario que desfruta vendo inmolarse aos seus mentras sementan restaurantes, prazas ou mercados de cadáveres. ¿Pero como vai querer Deus isto?. Pregúntaslles e eles asegúrante que sí, que iso é o que desexa Deus, iso e a asignatura de relixión nas escolas públicas dun Estado aconfesional. Estas letras, querido Deus, son para que lles envíes unha sinal das cousas que non son como eles din (como enuncia o refrán, cadaquén na súa casa e Deus na de todos/as). Pero non quixera despedirme de vostede se facerlle un par de preguntas... ¿Por que puxéchelo sexo tan preto do cu e por que hai tantos obispos castrenses?. Moitas grazas.

Artigo cedido á Xanela por: Juan José Millás.

0 comentarios