Blogia
a xanela

Impactante

Impactante

PREMIO INÚTILES MAIO 2008: "Aos profesores dos cativos que saen fotografados".

Este foi o meu primeiro pensamento (IMPACTANTE) ao ver a fotografía na web de vieiros, zona que navego con frecuencia. O alcalde popular Regos (da localidade coruñesa de Ordes), quixo celebrar o "Día das Forzas Armadas en Ordes". Non sei o que pensaredes vós, pero a min púxoseme un nó no estómago ao ver os nosos cativos/as como tontean coas armas. E eu pregunto... ¿cal é a misión dunha arma militar?. Sensatamente, creo que é manter o control a través do medo, coa morte.

Señores profesores e profesoras destes cativos, ¿Como carallo -perdóeseme o termo- puideron permitir esta actividade?, ¿Que lle ensinan nas aulas para que logo vexan estas mostras?. Eu como pai, falaría cos mestres seriamente.

"Non ás armas. Sí ao diálogo": esa debe ser a frase a ensinar polos mestres das nosas crianzas hoxe, adultos no mañá.

0 comentarios