RISI publica: "¿¿ SEXO DÉBIL ??"
Comparto a idea de que a igualdade de sexos na súa totalidade é moidifícil de acadar xa que a sociedade na que vivimos é as grandesdiferencias existentes entre ambos sexos fan practicamente imposibleesta igualdade. Estas diferencias están sendo acurtadas polas propiasmulleres, pero penso que, en moitos casos, dunha maneira pouco efectivaxa que a maioría toman os defectos que o home tivo ó longo da historiapara logo copialos. Para mostra, un botón... fai pouco tempo era o“macho” o que fumaba e bebía mentres que non estaba ben visto que amuller levara a cabo estas prácticas; agora a muller presume do mesmo eeu fágome a seguinte pregunta ¿ si as mulleres quixeran evolucionar enpositivo, para que copian as facetas máis ignorantes do home...sapiens?.Verdade é que a disposición das mulleres na sociedade evolucionou paraben xa que antes a súa dedicación era exclusivamente levada a cabo entreas catro paredes da casa mentres que agora as mulleres poden, si así odesexan, estudiar tódalas materias ás que o home pode acceder, aíndaque, con toda a súa preparación, continúan a ter máis difícil a súaincorporación o mercado laboral.A miña opinión é que a liña que a sociedade segue actualmente(refírome aos países do primeiro mundo, pois do mundo chamado terceiroteríamos que falar aparte) para eliminar as diferencias entre sexos é acorrecta xa que pon en man das mulleres o seu destino, é dicir, osmedios e recursos necesarios para que o seu futuro non dependa máis quedelas, aínda que persoalmente estou en contra da discriminación positivaque en algún campos se está a aplicar: non estou dacordo que porobligación a muller teña que ocupar un % mínimo en cargos publicoso en dirección de empresas. Si a muller ten capacidade, adiante, ó mesmonivel que o home, doutro xeito penso que mismamente se lle está arecoñecer unha suposta incapcidade.Aínda que, como nun principio apuntaba, non vai ser nada fácil suprimiras actuais "barreiras mentais" existentes, dou por seguro que coa capacidade eintelixencia que están a amosar nos últimos tempos, especialmente nomundo da política, o sexo “débil” moi axiña nivelará a balanza e...coidadiño porque máis de un machote xa pode ir mercando mandil e agullas decalcetar... Xa veremos, xa.Un saludo e noraboa a Xussex: amigo e autor da páxina.
RiSi
0 comentarios