Mtv. 25 aniversario.
Fai 25 anos, o primeiro de agosto nacía a cadea televisiva de música máis famosa do mundo. Era a "music tv" (Mtv). Foi a primeira en apostar polo xénero do videoclip, e a primeira que fixo deste xénero audiovisual un éxito.
Artistas como Madonna, naceron e brillaron nesta cadea. Sempre mesturando vangarda, tradición e innovación.
Innovando en cada gala de premios que celebra tódolos anos, e que neste 2006 recaerá no 31 de agosto, os premios da Mtv non teñen nada que envexarlle ós grammies e a outros premios musicais.
Polémicas polo progresismo da cadea sempre as houbo. Recordade o polémico bico lesbi de madonna ou ese peito que se destapou na gala do 2005 en horario infantil.
Toda unha reseña para o mundo da música mundial. Que sexan moitos máis.
0 comentarios