Autodiagnóstico
Inda non escoitáchedes falar da cidade da cultura?
Pois ben, esta é unha obra faraónica proxectada polo PPdeG na anterior lexislatura e ubicada na zona este da capital galega.
O proxecto final terá forma de cuncha de vieira. A zona copada supera os miles de metros cadrados. Todo un espazo privilexiado para a cultura. ¿Pero de verdade que temos tantas cousas para enchela?.
A obra está financiada case na súa totalidade pola UE. Un inspector desta institución, fixo unha visita a esta obra. O ex-conselleiro ensinoulle a obra arquitectónica, e en cuestión, a macrosala de ópera. Sabendo que en Galiza non existe tradición pola ópera (a diferenza de Francia), o inspector dixo que lle parecía preciosa e enorme, pero París non podía permetirse tal cousa.
¿Non pode Francia e si o pode Galiza?. Agora, o bipartido decatouse que unha vez rematada a cuncha, os galegos non poderemos facer fronte á millonada que gastará esa edificación cada ano. Lus, sistemas informáticos, servizos de xardiñería e mantemento, calefacción, aire acondicionado, os gastos que ocasionan traer grupos de teatro, ópera, exposicións... levaríase unha millonada cada ano, imposíbel de manter.
Pero esto acontece cando xa está feita a mitade da obra, cando levamos gastados 3000 millóns de euros. ¿Acaso non se percatou o Fragasaurio que esta macrocidade levaría consigo un mantemento insoportábel para a economía galega?.
Este é o que chamo eu, o espíritu galego. Barco grande ande ou non ande.
0 comentarios