O GALEGO: RETROCEDE NOS XORNAIS
O uso do galego nos diarios impresos do país segue a ser “moi baixo” malia as subvencións que reparte a Xunta entre as editoras de xornais todos os anos. Así o denuncia un informe elaborado por alumnos de Xornalismo da USC e publicado na revista da Mesa Pola Normalización Lingüística.
Os casos máis dramáticos son os da Voz de Galicia (4.8% en lingua galega) e o de Faro de Vigo (5.3% en galego), pois son os que teñen a tirada máis numerosa e os que menos empregan o galego. Non mencionemos sequera as portadas nin as contraportadas dos xornais. E agora...
¿Canto cobran por publicar en galego? Velaquí a pregunta do millón. Este dato non se procura nin buscando no DOG; inda que nos podemos atopar con algunha disposición de solicitude das axudas emitidas pola Presidencia da Xunta e pola consellería de educación (ambas tuteladas polo PSOE de Galiza).
Víd: DOG do 18 de xullo de 2006 no epígrafe III e DOG do 27 de abril de 2005 no epígrafe III.
0 comentarios