O TRIBUNAL SUPREMO CONDENA Á IGREXA
O Tribunal Supremo confirmou a sentenza que condeou ao arzobispado de Madrid, dirixido polo galego Rouco Varela, como responsable civil subsidiario no caso do cura pederasta do barrio madrileño de Aluche. A sentenza rexeita o recurso de casación presentado por Rouco Varela e é moi contundente nos seus razoamentos xurídicos contra a Igrexa. O caso de Aluche foi moi soado. Producíuse no ano 2000 e tivo como protagonista a un menor e ao secretario da vicaría, un sacerdote que abusou do rapaz na propia vicaría e na casa do menor, á que acudía para "axudar" ao rapaz a estudar.
O triste do caso é o comportamento da Igrexa ao respecto xa que o cura protagonista do suceso, condeado pola Audiencia de Madrid a dous anos de cárcere por un delito continuado de abusos sexuais, non recurriu a sentenza. Só apelou a Igrexa que agora terá que pagar á vítima 30.000 euros de indemnización. Lonxe de ser un caso raro, a Igrexa sempre lle dá cobertura e chance, en todo o mundo, aos curas acusados de delitos de pedofilia e pederastia. Aínda que o caso sexa claro e, coma neste, o cura implicado non recurra, a Igrexa sempre trata de recurrir e reclamar para tratar de "salvaguardar" a súa imaxe.
É lamentábel que exista tanta xente que apoie esta institución pedófila, retrasada mentalmente, inútil, abusadora, represora e facha.
0 comentarios