
Hai un tempo, a cadea de televisión Antena 3 Televisión emitiu un programa que tiña por obxectivo elixir ao "ESPAÑOL MÁIS IMPORTANTE DA HISTORIA". O programa en si parte dun concepto equivocado e absurdo pero os resultados das votacións, inda máis absurdos que o propio programa, fan que este apareza hoxe na portada da xanela. Segundo as votacións realizadas polos espectadores e recollidas por Antena 3 TV, o español máis importante da historia e Juan Carlos Un, o actual rei que hai en España. Non é por fastidiar pero Juan Carlos Un non quedaría primeiro nin nunha votación dos Reis máis importantes da historia de España onde, entre outros, deberían estar por diante del Isabel a Católica, Felipe Dous ou Carlos Un pero, cando a xente vota, pasan estas cousas. Mais non queda aí a cousa. O número dous da lista é Cervantes, por detrás de Juan Carlos Un!!!, e o tres Cristobal "O xenovés" Colón, que nin tan siquera foi español. Iso, en todo caso, non parece un impedimento para entrar nesta lista xa que o cuarto posto é ocupado por Sofía DE GRECIA, a muller de SM, que como todos sabemos é española. Podería estar falando anos desta lista xa que, por exemplo, o séptimo español máis importante da historia, segundo Antena 3, é Felipe de Borbón (que fixo moitísimas cousas por España) e o posto quince é ocupado por Letizia, a princesiña de Asturies, ambos por diante de xente como Dalí, Guadí, Machado, etc. O mellor é que, vos mesmos, vexades o
listado completo dos gañadores e riades na intimidade do voso PC. E para rematar, e ante o éxito de audiencia e público acadado polo programa, TVE (a que pagamos todos) vai facer un programa semellante...
NON HAI DEREITO A TANTA ESTUPIDEZ!
0 comentarios