POSÍBEL SAQUEO DA ARMADA ESPAÑOLA
PATRIMONIO (dependente da Consellería de Cultura, do BNG) denunciou na Garda Civil o posíbel espolio dun Galeón en Fisterra por parte do Exército do Mar Español (Armada).
A Dirección Xeral de Patrimonio presentou unha denuncia para que se investigue se un galeón afundido nas costas de Fisterra puido sufrir un espolio. O departamento que depende da Consellería de Cultura dirixiuse á Garda Civil do Mar logo de ter constancia de que efectivos da Armada española tiñan feito manobras no mesmo lugar onde está o buque afundido.
As alarmas saltaron en Fisterra o pasado xoves día 11. Varios mariscadores puideron ver como mergulladores da Armada traballaban no Rastrelo (praia do Sardiñeiro) xusto onde está afundido o barco. As sospeitas aumentaron pola presenza dun camión militar en terra.
Estudo
Patrimonio deu ordes para que se aclare se, tal e como afirman os veciños, os mergulladores sacaron obxectos do lugar. Agárdase que nos vindeiros días técnicos contratados pola Xunta fagan un recoñecemento da nave afundida.
0 comentarios