Blogia
a xanela

Ioguslavia

Ioguslavia

  Despois de maldurmir por culpa dun alioli pelexón que ceei na outra casa, érgome e, co ollo aínda medio pechado, collo o coche para ir con mamápanda a Ioguslavia e ver aos avós e a rennes. Rennes está empezando a comprobar o que significa unha oposición, os cumes que sobes e as costas que baixas nunhas poucas horas; ao lume da cociña e acompañados como mandan os cánones lugoslavos (viño pelexón, nabizas tenras e lacón-glorioso-) falamos da paciencia e da constancia que require esa empresa; rimos moito a conta de partidas de brisca que acaban en pelexas e de vodas en caciquelandia que farían as delicias do almodóvar máis esperpéntico. nun arranque de sentidiño a avoa dinos a rennes e a min que nos miremos, que si nos cremos nós moita cousa, que quen nos dera voda coma aquela e non quedar para vestir santos. invocamos a santa rita, a santalucía, a san bieito e san antón e entre roscas de anís, lembranzas a rosalía por parte de meu avó e café, dan as catro e media da tarde. Cun frío que nindios, paseamos polos campos de inverno e merco víveres para hoover alpina: pan do de verdade, nabizas, chourizos e unha caixa de patacas (da casa, of course). É vespera da matanza e a casa non che está para lerias así que toca voltar cedo. De camiño a humidtown boto as contas do emigrante: esta dose de enxebrismo, cantos meses de morriña tapará?

0 comentarios