Blogia
a xanela

Orxía estudantil.

Orxía estudantil.

Un instituto británico reparte a píldora do día despois, tras unha orxía duns 200 alumnos.

O profesorado do instituto inglés Queen Elizabeth School  tomou a medida, sen precedentes, de repartir entre as súas alumnas a píldora do día despois, a raíz dunha festa na que participaron máis de 200 alumnos e que finalizou nunha desenfrenada bacanal de drogas, alcohol e sexo. “Moitos dos menores mantiveron relacións sexuais sen protección”, indicaba un comunicado alarmista emitido polo centro e enviado a tódolos país.A festa tivo  lugar nun local alugado con firmas falsificadas de adultos.

Os pais dos alumnos, pensaban que os seus fillos ían a unha festa escolar tutelada polos seus profesores. Mais, lonxe disto, naquela sala non había un só adulto. E a situación desembocou nunha orxía desenfrenada. Rompeuse mobiliario da sala da festa, atopáronse restos de drogas e lixo. A noticia, extendeuse polo pobo enteiro. Moitos veciños, indicaron que viran nesa noite a xóvenes correndo polas rúas en roupa interior e incluso espidos.

A xefa de estudos do instituto, Alison Hughes indicou: «a maioría das alumnas que mantiveron relacións sexuais estaban demasiado borrachas como para ter control dos seus actos, polo que o risco é real e polo tanto os pais deben asumi-lo peor». Tamén indicou que un dos alumnos pudo morrer polo perigroso cóctel de alcohol e drogas, xa que cando unha ambulancia o conducía ó hospital outros xóvenes atacaron o vehículo.

0 comentarios