Primeira vez. Marisa Rumbo.
Teresa Preguntoiro nunca collera un avión na súa vida, pero un día colleuno para ir a A Habana de vacacións e o avión estrelouse. Nunca saberemos que pensaba ela da experiencia de viaxar en avión. Era a primera vez pero tamén foi a derradeira. En cambio Aurelio Zapatero, collíaos case a diario, porque era representante dunha multinacional moi coñecida. Nunca lle aconteceu nada en avións. Pero algo practicamente imposíbel, que é que che pique unha avispa na boca e se che hinche o paladar ata que morras, pois iso pasoulle a Aurelio.
Benito Ramírez era un tolo do fútbol. Tódolos xoves cubría a quiniela como quen mexa, ou conduce, como un acto reflexo. Nunca lle tocou. Nembargantes, o seu cuñado, a quen non lle gustaba o fútbol, cubreu unha un día por casualidade e a cegas. Tocáronlle 3.000 millóns de euros. Tras ese golpe de sorte, nunca volveu a cubrir outra quiniela. En realidade, non o precisaba.
Isidoro Teadoro era un apaixoado do cola-cao; non podía comezar un día sen o seu tazón ben quentiño, pero un día que decidiu pórse a réxime, mercou un bote de Nescafé e tocoulle un soldo deses de 200.000 euros para toda a vida. Cando acabou o bote do Nescafé, voltou a mercar Cola-cao, o moi desagradecido.
MARISA RUMBO sempre dicía, cando a precavían de algo..."Bueno, tamén podes saír á rúa e que che caia un testo na cabeza e che mate". A Marisa Rumbo caeulle un día de moito vento un testo na cabeza, pero non a matou. Marisa Rumbo endexamáis volveu a repertirlle a ninguén a famosa frase.
0 comentarios