Os lumes
En contra do que sería o usual, non penso facer ningunha reflexión acerca do lume neste ano. Cadaquén, sabe perfectamente o que pasou e que medidas se deben tomar.
Por exemplo... ¿sabedes canto nos custa ós cidadáns galegos a extinción de incendios?. Pois o prezo de 27 eur/hab. Agora, para que cada un de vós saque as súas conclusións, enuncio uns cantos titulares obtidos na web "vieiros.com" e "lavozdegalicia.es":
A Xunta confirma que arderon 77 mil hectáreas. Vítimas mortais: Dúas mulleres en Cerdedo; un home en Cotobade e outro na Cañiza. Zapatero ofrece "todos os medios necesarios", anuncia axudas para os afectados e garante "o maior operativo nunca despregado. Fraga opina que cos gobernos de coalición "hai máis incendios. Acusan de "neglixencia" a brigadistas pontevedreses. Trinta concellos gobernados polo PP rexeitaron convenios antiincendios. A colaboración do exército: Patrullas que non patrullan?. A cuarta parte dos incendios prodúcese á noite. As cooperativas agrarias arriman o ombreiro na loita contra o lume. Os galegos vólvense bombeiros. Máis dun cento de voluntarios axúdanlle ás brigadas. é a importancia da "resposta solidaria" . Cristina Verde, da Asociación Forestal de Galiza: "Este ano arderon montes impecablemente coidados" .A Asociación Independente da Garda Civil ve unha trama relacionada con prácticas clientelistas. Dificultan os traballos de extinción prendendo lume a pé dos aeroportos. Os incendiarios perfeccionan os mecanismos para queimar os montes. Trinta detidos no que vai de mes.
Teléfono en defensa do monte e web oficial: 900 400 800 // www.concienciasolidaria.com
0 comentarios