"Os datos non deixan dúbidas da autoría de ETA".
É a frase coa que o Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, expresaba en rolda de prensa rematada ás 13:50 da víspera de fin de ano, que non caben dúbidas sobre a autoría de ETA.O ministro tamén informou sobre a desaparición dunha persoa, que podía converterse na primeira vítima deste atentado. Rubalcaba cualificou os danos provocados polo atentado como moi graves.
Francisco Jorquera, coordinador executivo do BNG, vén de mostrar a súa máis firme condena e repulsa a acción terrorista de hoxe e a súa máxima solidariedade coa familia da persoa desaparecida.
Jorquera tamén dixo desexar que isto non supoña a ruptura definitiva do proceso de paz e pediulle ao goberno estatal que actúe con prudencia e que non tome ningunha medida que nos leve a situacións do pasado.
Pola súa parte Mariano Rajoy acaba de pedirlle ao goberno que suspenda calquer tipo de contacto coa banda terrorista ETA
0 comentarios