Blogia

a xanela

Autodiagnóstico

Autodiagnóstico

Inda non escoitáchedes falar da cidade da cultura?

Pois ben, esta é unha obra faraónica proxectada polo PPdeG na anterior lexislatura e ubicada na zona este da capital galega.

O proxecto final terá forma de cuncha de vieira. A zona copada supera os miles de metros cadrados. Todo un espazo privilexiado para a cultura. ¿Pero de verdade que temos tantas cousas para enchela?.

A obra está financiada case na súa totalidade pola UE. Un inspector desta institución, fixo unha visita a esta obra. O ex-conselleiro ensinoulle a obra arquitectónica, e en cuestión, a macrosala de ópera. Sabendo que en Galiza non existe tradición pola ópera (a diferenza de Francia), o inspector dixo que lle parecía preciosa e enorme, pero París non podía permetirse tal cousa.

¿Non pode Francia e si o pode Galiza?. Agora, o bipartido decatouse que unha vez rematada a cuncha, os galegos non poderemos facer fronte á millonada que gastará esa edificación cada ano. Lus, sistemas informáticos, servizos de xardiñería e mantemento, calefacción, aire acondicionado, os gastos que ocasionan traer grupos de teatro, ópera, exposicións... levaríase unha millonada cada ano, imposíbel de manter.

Pero esto acontece cando xa está feita a mitade da obra, cando levamos gastados 3000 millóns de euros. ¿Acaso non se percatou o Fragasaurio que esta macrocidade levaría consigo un mantemento insoportábel para a economía galega?.

Este é o que chamo eu, o espíritu galego. Barco grande ande ou non ande.

RISI publica: "¿¿ SEXO DÉBIL ??"

Comparto a idea de que a igualdade de sexos na súa totalidade é moi
difícil de acadar  xa que a sociedade na que vivimos é as grandes
diferencias existentes entre ambos sexos fan practicamente imposible
esta igualdade. Estas diferencias están sendo acurtadas polas propias
mulleres, pero penso que, en moitos casos, dunha maneira pouco efectiva
xa que a maioría toman os defectos que o home tivo ó longo da historia
para logo copialos. Para mostra, un botón... fai pouco tempo era  o
“macho” o que fumaba e bebía mentres que non estaba ben visto que a
muller levara a cabo estas prácticas; agora a muller presume do mesmo e
eu fágome a seguinte pregunta ¿ si as mulleres quixeran evolucionar en
positivo, para que copian as facetas máis  ignorantes do home...
sapiens?. 
Verdade é que a disposición das mulleres na sociedade evolucionou para
ben xa que antes a súa dedicación era exclusivamente levada a cabo entre
as catro paredes da casa mentres que agora as mulleres poden, si así o
desexan, estudiar tódalas materias ás que o home pode acceder, aínda
que, con toda a súa preparación, continúan a ter máis difícil a   súa
incorporación o mercado laboral.
A miña opinión é que a liña que a sociedade  segue actualmente 
(refírome aos países do primeiro mundo, pois do mundo chamado terceiro
teríamos que falar aparte) para eliminar as diferencias entre sexos  é a
correcta xa que pon en man das mulleres o seu destino, é dicir, os
medios e recursos necesarios  para que o seu futuro non dependa máis que
delas, aínda que persoalmente estou en contra da discriminación positiva
que en algún campos se está a aplicar: non estou dacordo que por
obligación a muller teña que ocupar un % mínimo en cargos publicos
o en dirección de empresas. Si a muller ten capacidade, adiante, ó mesmo
nivel que o home, doutro xeito penso que mismamente se lle está a
recoñecer unha suposta incapcidade.  
Aínda que, como nun principio apuntaba, non vai ser nada fácil suprimir
as actuais "barreiras mentais" existentes, dou por seguro que coa capacidade e
intelixencia que están a amosar nos últimos tempos, especialmente no
mundo da política, o sexo “débil” moi axiña  nivelará a balanza e...
coidadiño porque máis de un machote xa pode ir mercando  mandil e agullas de
calcetar... Xa veremos, xa.

Un saludo e noraboa a Xussex:  amigo e autor da páxina.

RiSi

O COMEZO DA FIN: un bico e comezamos!

O COMEZO DA FIN: un bico e comezamos!

Comeza hoxe a nosa particular andadura polos retablos mareantes da tecnoloxía. Levo xa unha longa tempada sen publicacións, pero agora decídome a retomalas, tomando un punto de vista máis obxectivo, un novo web e unha nova sorpresa. Agora, tí tamén podes publicar artigos picando en "publicar artículos"; para o que somente tes que enviar unha petición a xussex169@hotmail.com e pedirme o códice de redactor.

Adiante!

en DEBATE: sexismo

en DEBATE: sexismo

No xornal virtual de lavozdegalicia.es do día 26 de xuño, plantexábase unha pregunta ós internautas. "¿Cres que a descriminación por sexo é un problema na Galiza?".

O 61% pensa que si o é, e unha minoría (o 39%) pensa que non.

Velaí vai a miña personal opinión e conclusión.

É practicamente imposíbel pensar que ambos sexos poidan chegar a teren situacións de igualdade, pois ambos sexos son realmente moi diferentes.

Partindo disto, podemos seguir dicindo que hoxe en día estamos camiñando cara unha realidade na que a muller copa máis postos laborais e o home tamén está accedendo a outros nos que non tiña presenza. Pero isto, polo que dixemos anteriormente, non desencadeará na equivalencia laboral senón que o home seguirá sendo o dominante ou a muller se transformará neste (moi probábel).

¿Porque non existe a igualdade?

Porque vimos dunha sociedade corrupta en valores e, como tal, actúa dese xeito. Non podemos chegar a unha igualdade porque hoxe en día muller e home non desexan acceder a uns determinados postos laborais. Por poñer un exemplo, a maioría das mulleres xóvenes non desexarían copar un traballo da albañilería. Polo tanto, a minoría das mulleres que o fixesen, estarían descriminadas polo mero feito de seren a excepción. Velaquí a base do sexismo.

E viceversa.

En fin, para que non houbese sexismo non poderíamos ter historia, e iso é imposíbel.

CONSULTORIO: o home da muller galega

CONSULTORIO: o home da muller galega

Falando de fantasear, agora imos ver como é o home desexado pola muller galega. En resumidas contas, a muller galega desexa un home máis alto, máis listo e máis rico.

Dunha entrevista realizada a mulleres, o magazine de "el mundo", desprende os seguintes resultados:

*Cor do pelo

moreno 73.5%

loiro 18.3%

ns/nc 8.1%

*Altura

máis alto que eu 81.9%

igual que min 11.4%

máis baixo 1.1%

ns/nc 5.5%

*Cor de ollos

verdes 37.1%

marróns 25.6%

azuis 25.4%

ns/nc 11.9%

*Idade

máis idade 57.8%

igual que min 24.3%

con menos 10.8%

ns/nc 7.1%

*Nivel de estudos

con máis estudos 54%

igual que min 29.6%

menos estudos 1.3%

ns/nc 15.1%

*Cartos

con máis cartos 67.6%

igual que min 20.5%

con menos cartos 0.4%

ns/nc 11.6%

*¿Onde máis te fixas?

Cara/ollos 58.6%

corpo 22.5%

glúteos/cadeiras 5.6%

mans/pés 6.8%

ns/nc 11.6 %

*Empleo

mellor empleo 67.9%

igual que min 18.1%

peor empleo 0.6%

ns/nc 13.5%

Sintetizo, as galegas desexan un home millor empleado, cun nivel de estudos maior, con máis cartos, máis alto, de ollos verdes, cunha bonita cara e moreno.

E polo tanto, teñen nas listas dos máis desexados a Ricky Martin, Antonio Banderas, Kevin Costner, Richard Gere, Alejandro Sanz, Brad Pitt e Tom Cruise.

CASA DE PUTAS: relixión

CASA DE PUTAS: relixión

Hai que ver a casa de putas que teñen montada os católicos empedernidos. Nunha das páxinas da igrexa católica, poderás ler as maiores estupideces que nunca liches ou oiches. Compróbao, e introduce o seguinte directório: http://www.iglesia.org/articulos/articulos.php

Escolle un artigo ou tema e os pseudoperiodistas deste web ensinaránche moitas "paridas". Dende temas como a duración dun noviazgo (corta, para que non haia tempo de fodementos), que sínta-la chamada de Deus, que non fagas botellón, non te divorcies, non te masturbes, non úse-lo condón...

Ademais, un redactor non dubida en contar como foi a súa Lúa de Mel no Escorial (cementerio onde Franco descansa en relativa paz).

A verdade é que non logro atopar a diferenza entre páxinas de relixión e humor, porque ambas me causan risadas.

¿Pensas que estas webs poden crear desorientacións na xente? Comenta.

EROS: as fantasias femeninas

EROS: as fantasias femeninas

Desta volta, falamos das fantasías sexuais das mulleres; por suposto, as fantasías máis comúns.

Tradicionalmente, a muller viviu baixo o estereotipo de obxecto sexual, é dicir, asociábase a súa sexualidade cun home e nunca a unha sexualidade independente (masturbación). Hoxe en día, é coñecido que as mulleres tamén se masturban, e polo tanto manteñen fatasías sexuais igual que o home.

Tradicionalmente, á muller asocióuselle o roll da pasividade e ó home o roll da forza. Isto é básico na creación dos fantaseamentos.

Por iso, unha fantasía sexual moi común é aquela na que se intercambian os roles sexuais e a muller pasa a ser a dominante, rompéndose a normalidade e creando excitación.

Ademais desta fantasía, existen outras moitas como por exemplo:

*Levar a cabo prácticas sexuais que na realidade serían imposíbeis de realizar.

*Manter sexo cun estraño, moitas veces un suxeito visto espontaneamente.

*Fantasear que son obrigadas a manter relacións sexuais forzosamente cun coñecido ou descoñecido, onde elas son o suxeito pasivo da relación.

*Manter sexo con máis dun membro do sexo oposto.

*Unha de cada dez mulleres, fantasean con deitarse con outra muller e o 3% das féminas manteñen fantasías sexuais nas que elas obrigan a un suxeito a manter sexo.

As mulleres que teñen parella, cando se masturban fantasean coa parella nun 80% dos casos. Por outra banda, cando manteñen sexo coa parella, un 30% fantasea con situacións diferentes.

AXENDA: a fiestra da cultura

AXENDA: a fiestra da cultura

Ese é o nome co que o Concello de Ribeira bautizou un certame entre grupos musicais da comarca do Barbanza que se realizará na primeira semana do mes de xullo.

Dito certame, que se celebrará no Malecón de Ribeira, pretende dar a coñecer a estes grupos locais da comarca. O Concello será o que corra cos gastos (iluminación, son, cachés dos músicos...) e polo tanto a entrada estará exenta de pago algún.

A iniciativa arrincará o día 1 coa actuación de Jabon Blue, liderado polo ex-integrante de Herdeiros da Crus. O día dous de xullo actúa Pablo Bicho. O cartel complétase con Básico e Temporal o día 3; Chandarme e Tevra de Palmeira o 4; Escarcha e Vara Verde o 5; O Rei Lagarto o 6 e o día 7 actuará Supersándwich e "El LLanto de un ciego".

Ademais, este último grupo acaba de editar un álbum que promocionarán neste verán. Dende aquí, desexámoslles SORTE a todos!

Ademais, lembrarvos que do xoves 29 de xuño ó mércores 5 de xullo transcurrirán as festas de Boiro 2006. Mira o plan de festas en:

http://www.boiro.org/boirodata/News/258/Files/programa.pdf