Blogia
a xanela

Con lápis e cor

Enquisa: a Cidade da Cultura

Enquisa: a Cidade da Cultura

Xa que o desgoberno do PP do Fragasaurio nos abocou á construcción do mausoleo bautizado co nome de "Cidade da Cultura", e xa que hoxe en día inda non dispón dun obxectivo funcional ben esclarecido, os visitantes da web "ww.revistaretranca.com" bótanlle unha man a Feijoó no asunto, esclacerendo a funcionalidade futura de tal complexo a través dunha enquisa:

¿Que faría vostede coa Cidade da Cultura?

  • 25%  Un parque temático para xubilados.
  • 14%  Un complexo para Festas Gastronómicas.
  • 25%  A cidade do xogo "As Veigas".
  • 35%  Unha macro-cafetería para funcionarios da Xunta.

Orxía estudantil.

Orxía estudantil.

Un instituto británico reparte a píldora do día despois, tras unha orxía duns 200 alumnos.

O profesorado do instituto inglés Queen Elizabeth School  tomou a medida, sen precedentes, de repartir entre as súas alumnas a píldora do día despois, a raíz dunha festa na que participaron máis de 200 alumnos e que finalizou nunha desenfrenada bacanal de drogas, alcohol e sexo. “Moitos dos menores mantiveron relacións sexuais sen protección”, indicaba un comunicado alarmista emitido polo centro e enviado a tódolos país.A festa tivo  lugar nun local alugado con firmas falsificadas de adultos.

Os pais dos alumnos, pensaban que os seus fillos ían a unha festa escolar tutelada polos seus profesores. Mais, lonxe disto, naquela sala non había un só adulto. E a situación desembocou nunha orxía desenfrenada. Rompeuse mobiliario da sala da festa, atopáronse restos de drogas e lixo. A noticia, extendeuse polo pobo enteiro. Moitos veciños, indicaron que viran nesa noite a xóvenes correndo polas rúas en roupa interior e incluso espidos.

A xefa de estudos do instituto, Alison Hughes indicou: «a maioría das alumnas que mantiveron relacións sexuais estaban demasiado borrachas como para ter control dos seus actos, polo que o risco é real e polo tanto os pais deben asumi-lo peor». Tamén indicou que un dos alumnos pudo morrer polo perigroso cóctel de alcohol e drogas, xa que cando unha ambulancia o conducía ó hospital outros xóvenes atacaron o vehículo.

Premios Razzie 2008 da xanela

Mellor película: Ratatú, de Debates Presidenciais S.A.

Mellor director: José Luís Rodríguez Zapatero, por SuperZP o home arañavotos.

Mellor actor: Mariano Rajoy, por O ultimátum de Brey.

Mellor actriz: Esperanza Aguirre por: Espe, a idade de ouro.

Mellor actor secundario: Alberto Ruíz Gallardón, por Pozos de Ambición.

Mellor actriz secundaria: Carme Chacón ministra de vivenda, por Baixo as estrelas.

Mellores efectos especiais: Manuel Pizarro, por Transformers.

Mellor montaxe: á escudería McLaren, por Expiación.

Mellor película estranxeira: Cuba (logo da elección da nova cúpula, con Raúl Castro á fronte), por É país para vellos.

Mellor guión orixinal: Mataharis, de Carla Bruni e Nicolas Sarkozy.

Mellor dirección artística: Antonio Rouco Varela, por O Orfanato.

A MÁIS SINCERA NORABOA DENDE A XANELA (Extracto do diario De Luns a Venres)

Volare, corazón... Volare.

Volare, corazón... Volare. Estás aquí, sol, contigo é máis sinxela a supervivencia. Eu, esta mañá, coloco unha canción sobre a túa fronte loira: "Volare". E póñome a voar como se fose un paxaro de cristal, transparente, en medio deste xuño que sabe a resaca. Voar sobre as cousas imposíbeis, os soños rotos, as historias de amor que rematan. A historia do amor, é sempre a historia do fracaso: Romeo e Xulieta, Dante e Beatriz, Casablanca... Todos fracasaron. Velaquí o destino certo das grandes paixóns. Se non fose así, non serían paixóns nin nada. Serían divertimentos. Esta mañá, escribo do amor porque estou canso de escriber das cousas intranscendentes que, pese a ser intranscendentes, vulneran a nosa vida: a política, os conflictos laborais, a nubelosa grisácea do absurdo navegándonos. Escrebo do amor, porque o amor axúdanos a vivir, inda que tal aventura sempre nos derrote. Amar, vivir...: son sinónimos. Se amas, vives; iso quero dizer. Os que pasearon algunha vez polo barrio da Nada, que é peor que o barrio da Melancolía, saben perfectamente que non minto. Se quedas en estado de botella vacía, estás fundido... Tanto como o Titanic, mais claro que non haberá un Leonardo di Caprio que te axude a non afogar, que te salve. A min, nesta hora sálvanme as cancións que escoito para non estar triste. "Volare". Outras veces, coloco rumbas na banda sonora da miña vida. Xuño merece ben non botar todo a perder, porque tal vez todo está xa perdido. Golpeo esta mañá o teu "cruasán" e o teu café: para que saltes. Porque sempre é duro vivir, mais vivimos. Porque hai que erguerse. Porque estamos fartos de caer. E porque non queremos caer nunca máis, nunca. Non quedará outro remedio, certo. Pero é mellor non sabelo, ou ignoralo. Poñede a radio do presente a todo volume. "Volare, corazón... Volare".

AS LETRAS QUE NOS UNEN

AS LETRAS QUE NOS UNEN Como non, hoxe é o seu día. Así que deixo posteado este recordo: a unha muller loitadora, galega e que consiguiu o que sempre anhelou inda que o tempo non lle permitise velo: o respecto ó galego.

Ioguslavia

Ioguslavia

  Despois de maldurmir por culpa dun alioli pelexón que ceei na outra casa, érgome e, co ollo aínda medio pechado, collo o coche para ir con mamápanda a Ioguslavia e ver aos avós e a rennes. Rennes está empezando a comprobar o que significa unha oposición, os cumes que sobes e as costas que baixas nunhas poucas horas; ao lume da cociña e acompañados como mandan os cánones lugoslavos (viño pelexón, nabizas tenras e lacón-glorioso-) falamos da paciencia e da constancia que require esa empresa; rimos moito a conta de partidas de brisca que acaban en pelexas e de vodas en caciquelandia que farían as delicias do almodóvar máis esperpéntico. nun arranque de sentidiño a avoa dinos a rennes e a min que nos miremos, que si nos cremos nós moita cousa, que quen nos dera voda coma aquela e non quedar para vestir santos. invocamos a santa rita, a santalucía, a san bieito e san antón e entre roscas de anís, lembranzas a rosalía por parte de meu avó e café, dan as catro e media da tarde. Cun frío que nindios, paseamos polos campos de inverno e merco víveres para hoover alpina: pan do de verdade, nabizas, chourizos e unha caixa de patacas (da casa, of course). É vespera da matanza e a casa non che está para lerias así que toca voltar cedo. De camiño a humidtown boto as contas do emigrante: esta dose de enxebrismo, cantos meses de morriña tapará?

A frase da semana...

A frase da semana...

O maior pracer dun home intelixente é aparentar ser idiota diante dun idiota que aparenta ser intelixente.

 

¿Trebellas ou traballas?

¿Trebellas ou traballas?

Se te aborreces, lembra que a rede é unha caixa sen fondo e aquí toparás o inimaxinábel. Por iso, dende a xanela, propoñémoste un enlace onde leerás unha gran relación de palabras que se refiren ó sexo. Palabras galegas sinónimos de cona, de carallo, de seme, etc...

(http://mais.vieiros.com/letras2002/vocabulario.html)

LENDO NOS LIBROS: "A vida que nos mata".

LENDO NOS LIBROS: "A vida que nos mata".

Xabier López López, escritor novelístico na literatura galega, conta somente con 32 anos e xa leva publicados uns cantos libros. Hoxe, recomendámosche unha das súas obras últimas, ("A vida que nos mata" Ed. Galaxia 2003).

Este licenciado en dereito pola UDC, narra un doble crime cometido no balneario de Mondariz a finais da década dos 20 serve de trama para unha novela áxil, directa e chea de matices protagonizada por un xornalista obeso, cincuentón e descrido. Xabier López mergúllanos no pracer da novela negra con maiúsculas.

Unha recomendación: a escrita é gustosa, trepidante e moi dinámica. Se tes que madrugar, non o leves á cama.

Chámase vida.

Chámase vida.

Esta é a historia dunha vida e dun amor. El rolda os ointenta e ela pasa deles. Ela quéixase. Dóenlle as pernas, os riles e a columna impídelle case andar. Ela dille a el que para estar así, é mellor morrer. E el chora. Chora porque fica impotente como o tempo non perdoa a nada nin a ninguén. Chora porque cada vez ve máis lonxe aquela primeira vez que a acariciou, o primeiro bico entre o millo, a primeira vez que lle tocou unha teta, a primeira vez que fixeron o amor, o primeiro fillo, as borracheiras que tomaban na barra entrementres servían...  Agora ela tamén chora,  ¿sabedes porque?. Porque agora tócalles a eles. Teñen que morrer, e sábeno.

Ás veces véxoo alá enriba das pedras. Ten a mirada perdida. Perdida nun sitio no que ninguén lla atopará. Chámase amor, chámase vida.

 

Mtv. 25 aniversario.

Mtv. 25 aniversario.

Fai 25 anos, o primeiro de agosto nacía a cadea televisiva de música máis famosa do mundo. Era a "music tv" (Mtv). Foi a primeira en apostar polo xénero do videoclip, e a primeira que fixo deste xénero audiovisual un éxito.

Artistas como Madonna, naceron e brillaron nesta cadea. Sempre mesturando vangarda, tradición e innovación. 

 Innovando en cada gala de premios que celebra tódolos anos, e que neste 2006 recaerá no 31 de agosto, os premios da Mtv non teñen nada que envexarlle ós grammies e a outros premios musicais.

Polémicas polo progresismo da cadea sempre as houbo. Recordade o polémico bico lesbi de madonna ou ese peito que se destapou na gala do 2005 en horario infantil.

Toda unha reseña para o mundo da música mundial. Que sexan moitos máis.