Se muestran los artículos pertenecientes al tema Nós.

Cumprimos dous anos.

20080417010431-2velas.jpg

Fai uns cinco anos, foi a primeira vez que subín un artigo (no blog vello) a internet. Daquela, o blog era un completo descoñecido e os spaces comezaban a nacer alá polos EEUU. Por suposto, os fotologs e os postcast eran inda algo imaxinábel.

Pero o tempo voa, e máis cando se trata da rede. Parece mentira, pero xa levo dous anos posteando para a xanela.

FELICIDADES!

17/04/2008 01:04 Autor: Agustín Agustin. #. Tema: Nós

Estílase: BABYMOON

20070806191127-baby-moon-photo.jpg

É o último "hit" no que a turismo se refire. O babymoon, que xa comeza a facer furor en España, é o último gran viaxe que unha parella realiza antes de ter o seu primeiro fillo, durante o embarazo. Os destinos que ocupan o "prime line" son a India, África, o Caribe ou as illas do Pacífico.

A parella, consciente dos gastos económicos e o gasto de tempo aos que se verá sometida, fai un gran e último viaxe xa que moi probablemente non o poderá repetir até que as crianzas sexan independentes. Así que xa sabedes, despois da honeymoon (lúa de mel) vén o babymoon... ¿E o próximo?

06/08/2007 19:11 Autor: Agustín Agustin. #. Tema: Nós

O GALEGO: RETROCEDE NOS XORNAIS

20070712002956-estrela.gif

O uso do galego nos diarios impresos do país segue a ser “moi baixo” malia as subvencións que reparte a Xunta entre as editoras de xornais todos os anos. Así o denuncia un informe elaborado por alumnos de Xornalismo da USC e publicado na revista da Mesa Pola Normalización Lingüística.

Os casos máis dramáticos son os da Voz de Galicia (4.8% en lingua galega) e o de Faro de Vigo (5.3% en galego), pois son os que teñen a tirada máis numerosa e os que menos empregan o galego. Non mencionemos sequera as portadas nin as contraportadas dos xornais. E agora...

¿Canto cobran por publicar en galego? Velaquí a pregunta do millón. Este dato non se procura nin buscando no DOG; inda que nos podemos atopar con algunha disposición de solicitude das axudas emitidas pola Presidencia da Xunta e pola consellería de educación (ambas tuteladas polo PSOE de Galiza).

Víd: DOG do 18 de xullo de 2006 no epígrafe III e DOG do 27 de abril de 2005 no epígrafe III.

12/07/2007 00:29 Autor: Agustín Agustin. #. Tema: Nós

ASOCIACIÓN PUNTOGAL

20070130012625-puntogal.jpg

A asociación Puntogal, está a reclamar un dominio exclusivo para Galiza, o .gal do que Catalunya xa dispón (no seu caso .cat).

Deste xeito, o web da Asociación PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para ofrecer a opción de apoiar individualmente a reivindicación do dominio propio para a lingua e a cultura galegas. A partir de agora calquera pode asinar na páxina para deixar constancia do seu apoio ao PuntoGal.  Como podedes observar, a XANELA ESTÁ A COLABORAR NESTA CAMPAÑA, xa que temos colocado un bárnere do eu.gal na marxe dereita do web.
Cantos máis, mellor. Entra e asina.

http://www.puntogal.org

30/01/2007 01:26 Autor: Agustín Agustin. #. Tema: Nós

Xaimiño

20060909180812-nino10.gif

Primeiro día de clase. Chega o mestre coa pipa na boca e di..."A ver, rapaces...Éste é o primeiro problema do curso; positivo para o acertante".

-"Sae un avión dende Madrid cara a Zaragoza, cunha velocidade en despegue de 300km/h . O vento sopra forte 20 nudos dirección sudoeste. A miña prima chámase Carmela e esta mañá almorzou leite con torradas... ¿cal é a miña idade?

Un silencio abrumador na aula, e de súpeto exclama Xaimiño...

-"Eu sei a resposta ó problema. Vostede ten 44 anos". Todo o mundo pon cara de desconcerto.

-"Acertaches, ¿como o calculaches?".

-"Moi sinxelo, resulta que eu teño un primo que é medio parbo e ten 22 anos."

09/09/2006 18:08 Autor: Agustín Agustin. #. Tema: Nós

Antesala da Ría de Arousa: SÁLVORA

20060815110410-barbanza4.jpg

Sálvora esconde, baixo o seu aspecto virxe e montesco, un impresionante patrimonio medioambiental, histórico e mitolóxico. É á Ría de Arousa o que a Gioconda ó museo do Louvre, e o percebe ós incondicionais do marisco. Sitada a nove quilómetros de Ribeira, á illa somente hai un xeito de acceder- se non hai invitación dos donos polo medio-: tramitar un permiso ante a directiva do Parque Nacional das Illas Atlánticas para poder pisar a zona pública do arquipélago. Tardan catro días.

A planeadora "Camiño Xacobeo", que goberna Xosé Fº Deus (propietario da compañía Camiñando polo mar), convértese no medio de turistas para por pe en Sálvora.

Atracan en Sálvora. Cheira á Ría e o vento campa ás súas anchas. A súa costa é recortada e a sirea que preside a isla permanece impertérrita ante as incesantes preguntas dos turistas. ¿é privada?, ¿está habitada?, ¿hai animais?... Interrogantes ós que responte o patrón da expedición mariña; Sálvora pertence ó Marqués de Revilla (si, como o chourizo), estivo habitada ata fai máis de dúas décadas por un grupo de colonos e polos pinares corrían coellos, perdices, faisáns e cabalos.

Camiñan polo camiño do porto e ven dous carteis. "Illa de Sálvora. Parque Nacional". Un pouco máis adiante hai outro no que se reza: "Propiedade Privada". Téñense que conformar coas vistas. As casas en desuso asoman ó alto da pendente. A capela foi no seu día, o bar do pobo. O vixiante míraos con catalexos, é hora de irse. É propiedade privada.

15/08/2006 11:04 Autor: Agustín Agustin. #. Tema: Nós

Autodiagnóstico

20060801123856-images.jpg

Inda non escoitáchedes falar da cidade da cultura?

Pois ben, esta é unha obra faraónica proxectada polo PPdeG na anterior lexislatura e ubicada na zona este da capital galega.

O proxecto final terá forma de cuncha de vieira. A zona copada supera os miles de metros cadrados. Todo un espazo privilexiado para a cultura. ¿Pero de verdade que temos tantas cousas para enchela?.

A obra está financiada case na súa totalidade pola UE. Un inspector desta institución, fixo unha visita a esta obra. O ex-conselleiro ensinoulle a obra arquitectónica, e en cuestión, a macrosala de ópera. Sabendo que en Galiza non existe tradición pola ópera (a diferenza de Francia), o inspector dixo que lle parecía preciosa e enorme, pero París non podía permetirse tal cousa.

¿Non pode Francia e si o pode Galiza?. Agora, o bipartido decatouse que unha vez rematada a cuncha, os galegos non poderemos facer fronte á millonada que gastará esa edificación cada ano. Lus, sistemas informáticos, servizos de xardiñería e mantemento, calefacción, aire acondicionado, os gastos que ocasionan traer grupos de teatro, ópera, exposicións... levaríase unha millonada cada ano, imposíbel de manter.

Pero esto acontece cando xa está feita a mitade da obra, cando levamos gastados 3000 millóns de euros. ¿Acaso non se percatou o Fragasaurio que esta macrocidade levaría consigo un mantemento insoportábel para a economía galega?.

Este é o que chamo eu, o espíritu galego. Barco grande ande ou non ande.

01/08/2006 12:38 Autor: Agustín Agustin. #. Tema: Nós

O COMEZO DA FIN: un bico e comezamos!

20060627195914-cattx7qm.jpg

Comeza hoxe a nosa particular andadura polos retablos mareantes da tecnoloxía. Levo xa unha longa tempada sen publicacións, pero agora decídome a retomalas, tomando un punto de vista máis obxectivo, un novo web e unha nova sorpresa. Agora, tí tamén podes publicar artigos picando en "publicar artículos"; para o que somente tes que enviar unha petición a xussex169@hotmail.com e pedirme o códice de redactor.

Adiante!

27/06/2006 19:59 Autor: Agustín Agustin. #. Tema: Nós


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.