Blogia
a xanela

Casa de putas ABERTA

Máis que palabras...

Máis que palabras...

Carta a Deus.

Querido Deus:

Espero que ao recibo desta, se atope ben. Nós mal, como sempre. Agora por un asunto que quizáis lle interese e non sexa sinxelo de resumilo en dúas palabras. Resulta que unha parte dos seus fieis pretende que o Estado financie os gastos inherentes a unha asignatura de relixión católica. Como son xente moi belicosa, díxoselle no seu día que de acordo, que as escolas ofrecerían obrigatoriamente esta "materia", inda que sería de carácter voluntario para o alumnado. En principio parecía unha solución equitativa e xusta, porque ningunha das partes se impoñía sobre a outra. Pero agora desexan que os alumnos que non estuden relixión se lles penalice de modo algún, para evitar disercións. Deus, e é que os teus non conciben outra forma de difundi-la túa existencia que a través do BOE e en forma de Decreto.

Que raro que ao cabo dos tempos, Deus volte a se-lo de sempre: un decreto, un proxecto de lei, unha ordenanza imposta a gritos dende un púlpito radiofónico no que tódo-los días se crucifica a alguén no cumprimento, unha vez máis, daquela regla segundo a cal o crucificado se converterá en crucificador. Os nosos queridos obispos, que nunca saíran á rúa, manifestáronse xa unhas cantas veces recentemente: para esixirlles aos homosexuais que abracen o celibato, outra para dicirlle ás nais o que teñen que facer cos seus embrións e outra para converterte nun precepto. ¿É razonable que os individuos que non se movilizan por nada, estando o mundo feito un cristo (con perdón), se comporten así?.

E namentres, outros din que mellor é non queixarse, porque agora somente gritan. Fai moi pouco, mataban. De feito, todavía circulan por aí versións de vostede nas que aparece como un sanguinario que desfruta vendo inmolarse aos seus mentras sementan restaurantes, prazas ou mercados de cadáveres. ¿Pero como vai querer Deus isto?. Pregúntaslles e eles asegúrante que sí, que iso é o que desexa Deus, iso e a asignatura de relixión nas escolas públicas dun Estado aconfesional. Estas letras, querido Deus, son para que lles envíes unha sinal das cousas que non son como eles din (como enuncia o refrán, cadaquén na súa casa e Deus na de todos/as). Pero non quixera despedirme de vostede se facerlle un par de preguntas... ¿Por que puxéchelo sexo tan preto do cu e por que hai tantos obispos castrenses?. Moitas grazas.

Artigo cedido á Xanela por: Juan José Millás.

A perspectiva dun obispo.

A perspectiva dun obispo.

E hoxe abrimos a xanela, cunha nova pouco sorprendente ao meu xuízo, pero conmovedora para calqueira persoa cun mínimo de arranque de sentidiño. E verán, cibernautas...  A cuestión é que o pasado día luns (24 decembro) o obispo Bernardo Álvarez, responsábel da Igrexa nas Illas Canarias, realizou unhas polémicas declaracións a a un xornal Canario (la opinión de Tenerife).

O Obispo opinou en relación aos abusos sexuais a menores, e inda que pareza increíbel o "mon señor" afirmou: "puede haber menores que sí los consientan y, de hecho, los hay", e engadiu: "hay adolescentes de 13 años que son menores y están perfectamente de acuerdo y, además, deseándolo». «Incluso si te descuidas te provocan"...

Pero a cousa non queda aí, xa que o iluminado segue dicindo unha farta de estupideces sen ton nin son. A continuación, atreveuse tamén a apostillar sobre a homosexualidade: «es un fenómeno que perjudica a las personas y a la sociedad». Di que non é partidario de «reprimirlo» pero que «entre no reprimirlo y promoverlo hay un margen». Á pregunta de si hay que orientar á xuventude sobre sexualidade, responde que: «no se puede dejar a las personas libradas a lo que salga». «No hay que confundir la homosexualidad como necesidad existencial de una persona, con la que es practicada como vicio. La persona practica como puede practicar el abuso de menores. Lo hace porque le atrae la novedad, una forma de sexualidad distinta», conclúe.

Dende a XANELA, manifestamos a nosa oposición á Igrexa Católica.

O TRIBUNAL SUPREMO CONDENA Á IGREXA

O TRIBUNAL SUPREMO CONDENA Á IGREXA

 O Tribunal Supremo confirmou a sentenza que condeou ao arzobispado de Madrid, dirixido polo galego Rouco Varela, como responsable civil subsidiario no caso do cura pederasta do barrio madrileño de Aluche. A sentenza rexeita o recurso de casación presentado por Rouco Varela e é moi contundente nos seus razoamentos xurídicos contra a Igrexa. O caso de Aluche foi moi soado. Producíuse no ano 2000 e tivo como protagonista a un menor e ao secretario da vicaría, un sacerdote que abusou do rapaz na propia vicaría e na casa do menor, á que acudía para "axudar" ao rapaz a estudar.
 

O triste do caso é o comportamento da Igrexa ao respecto xa que o cura protagonista do suceso, condeado pola Audiencia de Madrid a dous anos de cárcere por un delito continuado de abusos sexuais, non recurriu a sentenza. Só apelou a Igrexa que agora terá que pagar á vítima 30.000 euros de indemnización. Lonxe de ser un caso raro, a Igrexa sempre lle dá cobertura e chance, en todo o mundo, aos curas acusados de delitos de pedofilia e pederastia. Aínda que o caso sexa claro e, coma neste, o cura implicado non recurra, a Igrexa sempre trata de recurrir e reclamar para tratar de "salvaguardar" a súa imaxe.

É lamentábel que exista tanta xente que apoie esta institución pedófila, retrasada mentalmente, inútil, abusadora, represora e facha.

Babosadas da xente.

Babosadas da xente. Hai un tempo, a cadea de televisión Antena 3 Televisión emitiu un programa que tiña por obxectivo elixir ao "ESPAÑOL MÁIS IMPORTANTE DA HISTORIA". O programa en si parte dun concepto equivocado e absurdo pero os resultados das votacións, inda máis absurdos que o propio programa, fan que este apareza hoxe na portada da xanela. Segundo as votacións realizadas polos espectadores e recollidas por Antena 3 TV, o español máis importante da historia e Juan Carlos Un, o actual rei que hai en España. Non é por fastidiar pero Juan Carlos Un non quedaría primeiro nin nunha votación dos Reis máis importantes da historia de España onde, entre outros, deberían estar por diante del Isabel a Católica, Felipe Dous ou Carlos Un pero, cando a xente vota, pasan estas cousas. Mais non queda aí a cousa. O número dous da lista é Cervantes, por detrás de Juan Carlos Un!!!, e o tres Cristobal "O xenovés" Colón, que nin tan siquera foi español. Iso, en todo caso, non parece un impedimento para entrar nesta lista xa que o cuarto posto é ocupado por Sofía DE GRECIA, a muller de SM, que como todos sabemos é española. Podería estar falando anos desta lista xa que, por exemplo, o séptimo español máis importante da historia, segundo Antena 3, é Felipe de Borbón (que fixo moitísimas cousas por España) e o posto quince é ocupado por Letizia, a princesiña de Asturies, ambos por diante de xente como Dalí, Guadí, Machado, etc. O mellor é que, vos mesmos, vexades o listado completo dos gañadores e riades na intimidade do voso PC. E para rematar, e ante o éxito de audiencia e público acadado polo programa, TVE (a que pagamos todos) vai facer un programa semellante... NON HAI DEREITO A TANTA ESTUPIDEZ!

POSÍBEL SAQUEO DA ARMADA ESPAÑOLA

POSÍBEL SAQUEO DA ARMADA ESPAÑOLA

PATRIMONIO (dependente da Consellería de Cultura, do BNG) denunciou na Garda Civil o posíbel espolio dun Galeón en Fisterra por parte do Exército do Mar Español (Armada).

A Dirección Xeral de Patrimonio presentou unha denuncia para que se investigue se un galeón afundido nas costas de Fisterra puido sufrir un espolio. O departamento que depende da Consellería de Cultura dirixiuse á Garda Civil do Mar logo de ter constancia de que efectivos da Armada española tiñan feito manobras no mesmo lugar onde está o buque afundido.

As alarmas saltaron en Fisterra o pasado xoves día 11. Varios mariscadores puideron ver como mergulladores da Armada traballaban no Rastrelo (praia do Sardiñeiro) xusto onde está afundido o barco. As sospeitas aumentaron pola presenza dun camión militar en terra.

Estudo
Patrimonio deu ordes para que se aclare se, tal e como afirman os veciños, os mergulladores sacaron obxectos do lugar. Agárdase que nos vindeiros días técnicos contratados pola Xunta fagan un recoñecemento da nave afundida.

IGREXA CATÓLICA: TERROR, CRIMES E CARTOS.

IGREXA CATÓLICA: TERROR, CRIMES E CARTOS.

Benvidas e benvidos ó lado escuro da igrexa. Actualmente a Igrexa persiste en impoñer os seus dogmas trasnoitados utilizando as mEsmas tácticas para someter sicoloxicamente ás mentes débiles e a tódolos que ainda sen querelo, fan causa comun con
esta cúpula mafiosa. A principal artimaña da igrexa, radica en que a persoa queda ligada a ela dende o seu nacemento; como lle pasou ós seus pais, avós, bisavós, tataravós, veciños, tíos, amigos... Polo tanto, o suxeito cristián crea sicoloximente un lazo de pertenza a esa comunidade. Polo tanto, o difícil é saír, non entrar.

Hoxe expoñeremos a modo de esquema o que pode facer e ó que chegou o Vaticano, gran símbolo do crime, da mentira no mundo, creador dun imperio de medo e fanatismo, que moi intelixentemente lle foi útil para leva a cabo accións como a cristianización, tales como cruzadas, conquistas en América e África, loita permanente co que chaman herexía, a súa participación en guerras, asasinatos...

*Ano 314, asínase unha alianza entre Igrexa e Estado que se prolongará por sempre. Os obispos decretan morte a todo aquel que se rebele.

*Agustín de Tagarte (345-430) doutor e pai da Igrexa, para el era mellor queimar a un herexe que abandonalo nos seus fallos.

*No ano 382, Teodosio I suscribiu editos de morte. Son os comezos do que remataría sendo a Santa Inquisición.

*Século XV: Cruzadas contra os Husitas, miles de mortos.

*No 1538 o Papa Pablo III declara unha cruzada contra a Inglaterra apóstata e declara a tódolos ingleses escravos da Igrexa(afortunadamente non tiveron o poder para enforzar o decreto).

*1568 A Inquisición española ordea o exterminio de tres millóns de rebeldes en Holanda (nesa época española).

*Queimaron o 17 de febreiro de 1601 a Giordano Bruno, no 1633  Galileo Galilei foi torturado, vexado e obrigado a recitar unha abxuración.  A Igrexa, reservouse ata a ilustración o dereito de decidir sobre a ciencia, algo que seguen facendo actualmente e no que nunca mantiveron as competencias precisas. A "herexía" de Galileo foi apoiar o modelo heliocentrista de Copérnico (a Terra é a que xira sobre o Sol).

*Século XVII: Os católicos matan a Gaspard de Coligny, logo destrípano. Córtanlle cabeza, mans e xenitais. Logo tírano ó río.

*Século XVII: Oscatólicos saquean a cidade de Magdeburg (Alemaña). Uns 30,000 protestantes mortos. Incluso fillos nas barrigas das súas nais destripados.

*Millóns de mortos nas conquistas de África e América, "en nome de Deus."

*A IGREXA CATÓLICA BENDIXO O ASASINATO DE "ROJOS" DURANTE O FRANQUISMO.

*Participación na IIª Guerra Mundial cos nazis no expolio de ouro xudío, hoxe en día na Santa Sede do Vaticano.

*As dictaduras Arxentina, de Brazil, de Chile, Bolivia entre outras, sempre foi lexitimada polos xerarcas da Igrexa.

Esto entre centos de miles de crimes tan importantes como os nomeados. Esto é unha breve reseña. Recorda que estes datos son verídicos e comprobábeis en calquer soporte enciclopédico que se precie.

A túa permanencia nesta organización é opcional. Calqueira persoa que se precie de ter un mínimo de sentido común e non se deixe enganar, poderá abrir os ollos e ser partícipe dos GRANDES CRIMES DUNHA ORGANIZACIÓN QUE SE MOVE A COTÍO NUN MEDIO ESCURO E QUE A MAIORÍA DA POBOACIÓN APOIA.


TODO SOBRE A APOSTASÍA

TODO SOBRE A APOSTASÍA

A apostasía, é un procedemento legal polo cal un cidadán ten a posibilidade de abandoar a pertenencia á Igrexa Católica despois de entrar a formar parte nela mediante o bautismo, acto do que un recén nado non ten consciencia.

 Para apostatar, isto é, reclamar a supresión á Igrexa Católica dos nosos datos persoais, realízanse dous procedementos paralelos:

 *Envío dunha reclamación á propia parroquia onde un foi bautizado, pois é aí onde se gardan os libros parroquiais.

 *Envío dunha reclamación ó obispado/arzobispado (no caso da Pobra do C. remitencia ó Arzobispado de Stgo. de Compostela) ó cal pertence a parroquia na que se recibiu o bautizo.

Estes modelos de reclamación poden ser descargados da rede ( www.apostasia.es ) e ti somente os terás que cubrir cos teus datos. Na páxina antes citada, tamén terás información ó por menor, máis completa e asesoramento.

Unha vez enviadas, caben varias posibilidades:

 *Aceptan a solicitude accedendo á supresión dos nosos datos persoais e remata o noso proceso de apostasía.

 *Néganse a suprimir os nosos datos. Neste caso, cabe cursar unha denuncia ante a Axencia Española de Protección de Datos, para o que tamén existe un modelo colgado na páxina www.apostasia.es.

 *Que poñan trabamentos para suprimir os datos. Neste caso, tamén cabe cursar unha denuncia ante a Axencia Española de Protección de Datos.

 *Pasa máis dun mes sen que recibamos resposta algunha. Se ese é o caso, deberemos tamén cursar unha denuncia ante a Axencia antes mencionada.

(Modelos e información sobre o proceso: http://www.apostasia.es/es/info.php ).

 

CASA DE PUTAS: relixión

CASA DE PUTAS: relixión

Hai que ver a casa de putas que teñen montada os católicos empedernidos. Nunha das páxinas da igrexa católica, poderás ler as maiores estupideces que nunca liches ou oiches. Compróbao, e introduce o seguinte directório: http://www.iglesia.org/articulos/articulos.php

Escolle un artigo ou tema e os pseudoperiodistas deste web ensinaránche moitas "paridas". Dende temas como a duración dun noviazgo (corta, para que non haia tempo de fodementos), que sínta-la chamada de Deus, que non fagas botellón, non te divorcies, non te masturbes, non úse-lo condón...

Ademais, un redactor non dubida en contar como foi a súa Lúa de Mel no Escorial (cementerio onde Franco descansa en relativa paz).

A verdade é que non logro atopar a diferenza entre páxinas de relixión e humor, porque ambas me causan risadas.

¿Pensas que estas webs poden crear desorientacións na xente? Comenta.