Blogia

a xanela

Estílase: BABYMOON

Estílase: BABYMOON

É o último "hit" no que a turismo se refire. O babymoon, que xa comeza a facer furor en España, é o último gran viaxe que unha parella realiza antes de ter o seu primeiro fillo, durante o embarazo. Os destinos que ocupan o "prime line" son a India, África, o Caribe ou as illas do Pacífico.

A parella, consciente dos gastos económicos e o gasto de tempo aos que se verá sometida, fai un gran e último viaxe xa que moi probablemente non o poderá repetir até que as crianzas sexan independentes. Así que xa sabedes, despois da honeymoon (lúa de mel) vén o babymoon... ¿E o próximo?

NÁUTICA DE RECREO

NÁUTICA DE RECREO

Na madrugada do mércores ao xoves, tres navegantes foron a pique nunha planeadora, 15 millas ao Sur de A Guarda. Eran dous irmáns de Vilanova de Arousa e un terceiro veciño de Cambados. O fantástico trío, ía nunha embarcación tipo zódiac (ultralixeira) de 11 metros de eslora, empurrados por popa con tres motores de máis de 200cV cada un. É dicir, os motores imprimíanlle á nave unha propulsión equivalente ao motor de tres Audi TT Coupé. Salvamento marítimo socorreunos e tras un interrogatorio dunha hora, deixáronos en liberdade por falta de probas e/ou indicios incriminatorios. Sen respectar a presunción de inocencia, as mentes retorcidas xa falan de tráfico de drogas; mais sexamos reflexivos cybernautas:

*¿Que facían rulando nunha embarcación-zódiac de once metros de eslora e con tres motores de 200cV cada un ás 2:45 da madrugada? Isto non indica nada. O máis probábel é que estivesen facendo un cursiño aplicado de navegación astronómica con sextante.

*¿A onde ían ás tres da mañá fungando para Portugal? Talo vez andaban ás fanecas, pero tampouco cabe descartar que planeasen remonta-lo Miño e atracar en Valença para chegar a unha boa hora ao mercadillo das toallas.

*¿Para que precisaban de máis de 600CV de empurre? Por solidariedade. Si surxía un novo Prestige, sempre poderían axudar ás Autoridades Públicas a remolcalo.

*¿Por que cando os levaron ao porto de Cangas os náufragos taparon as caras cos seus xerséis ao ve-la prensa? Moi sinxelo. Un simple problema de timidez.

A náutica de recreo está en auxe na Galiza. ¿Quen nunca se pegou un garbeo ás 3 da mañá nunha zódiac de 11 metros de eslora e con 600CV a bordo?. Inda que, pensándoo sensatamente, se fosemos policías deberíamos mirar un chisco para qué escudería corría a devandita zódiac...

 

O TRIBUNAL SUPREMO CONDENA Á IGREXA

O TRIBUNAL SUPREMO CONDENA Á IGREXA

 O Tribunal Supremo confirmou a sentenza que condeou ao arzobispado de Madrid, dirixido polo galego Rouco Varela, como responsable civil subsidiario no caso do cura pederasta do barrio madrileño de Aluche. A sentenza rexeita o recurso de casación presentado por Rouco Varela e é moi contundente nos seus razoamentos xurídicos contra a Igrexa. O caso de Aluche foi moi soado. Producíuse no ano 2000 e tivo como protagonista a un menor e ao secretario da vicaría, un sacerdote que abusou do rapaz na propia vicaría e na casa do menor, á que acudía para "axudar" ao rapaz a estudar.
 

O triste do caso é o comportamento da Igrexa ao respecto xa que o cura protagonista do suceso, condeado pola Audiencia de Madrid a dous anos de cárcere por un delito continuado de abusos sexuais, non recurriu a sentenza. Só apelou a Igrexa que agora terá que pagar á vítima 30.000 euros de indemnización. Lonxe de ser un caso raro, a Igrexa sempre lle dá cobertura e chance, en todo o mundo, aos curas acusados de delitos de pedofilia e pederastia. Aínda que o caso sexa claro e, coma neste, o cura implicado non recurra, a Igrexa sempre trata de recurrir e reclamar para tratar de "salvaguardar" a súa imaxe.

É lamentábel que exista tanta xente que apoie esta institución pedófila, retrasada mentalmente, inútil, abusadora, represora e facha.

O GALEGO: RETROCEDE NOS XORNAIS

O GALEGO: RETROCEDE NOS XORNAIS

O uso do galego nos diarios impresos do país segue a ser “moi baixo” malia as subvencións que reparte a Xunta entre as editoras de xornais todos os anos. Así o denuncia un informe elaborado por alumnos de Xornalismo da USC e publicado na revista da Mesa Pola Normalización Lingüística.

Os casos máis dramáticos son os da Voz de Galicia (4.8% en lingua galega) e o de Faro de Vigo (5.3% en galego), pois son os que teñen a tirada máis numerosa e os que menos empregan o galego. Non mencionemos sequera as portadas nin as contraportadas dos xornais. E agora...

¿Canto cobran por publicar en galego? Velaquí a pregunta do millón. Este dato non se procura nin buscando no DOG; inda que nos podemos atopar con algunha disposición de solicitude das axudas emitidas pola Presidencia da Xunta e pola consellería de educación (ambas tuteladas polo PSOE de Galiza).

Víd: DOG do 18 de xullo de 2006 no epígrafe III e DOG do 27 de abril de 2005 no epígrafe III.

OS ÚNICOS

OS ÚNICOS

Hei supoñer, que todos vos enteráchedes que na semana pasada tivo lugar o famoso "debate de estado da nación". Se o víchedes, poderedes confirmar o que eu vou enunciar: NINGÚN PARTIDO POLÍTICO, AGÁS O BNG, FALOU DE GALIZA. Polo tanto, as demáis apreciacións sobran... Parece ser que os do Bloque son os únicos que se lembran de nós cando no Congreso dos Deputados se fala de España.

Babosadas da xente.

Babosadas da xente.

Hai un tempo, a cadea de televisión Antena 3 Televisión emitiu un programa que tiña por obxectivo elixir ao "ESPAÑOL MÁIS IMPORTANTE DA HISTORIA". O programa en si parte dun concepto equivocado e absurdo pero os resultados das votacións, inda máis absurdos que o propio programa, fan que este apareza hoxe na portada da xanela. Segundo as votacións realizadas polos espectadores e recollidas por Antena 3 TV, o español máis importante da historia e Juan Carlos Un, o actual rei que hai en España. Non é por fastidiar pero Juan Carlos Un non quedaría primeiro nin nunha votación dos Reis máis importantes da historia de España onde, entre outros, deberían estar por diante del Isabel a Católica, Felipe Dous ou Carlos Un pero, cando a xente vota, pasan estas cousas. Mais non queda aí a cousa. O número dous da lista é Cervantes, por detrás de Juan Carlos Un!!!, e o tres Cristobal "O xenovés" Colón, que nin tan siquera foi español. Iso, en todo caso, non parece un impedimento para entrar nesta lista xa que o cuarto posto é ocupado por Sofía DE GRECIA, a muller de SM, que como todos sabemos é española. Podería estar falando anos desta lista xa que, por exemplo, o séptimo español máis importante da historia, segundo Antena 3, é Felipe de Borbón (que fixo moitísimas cousas por España) e o posto quince é ocupado por Letizia, a princesiña de Asturies, ambos por diante de xente como Dalí, Guadí, Machado, etc. O mellor é que, vos mesmos, vexades o listado completo dos gañadores e riades na intimidade do voso PC. E para rematar, e ante o éxito de audiencia e público acadado polo programa, TVE (a que pagamos todos) vai facer un programa semellante... NON HAI DEREITO A TANTA ESTUPIDEZ!

VIVENCIAS de Marisa Rumbo.

VIVENCIAS de Marisa Rumbo.

 Marisa Rumbo ten 51 anos, e a súa vida sexual foi un pouco complicada. Aos 13 anos, fíxose moza dun xoven co que tivo a súa primeira relación sexual. "Eu pensei que todo sería como nas telenovelas, que viviría o que se chama 'unha entrega'. Mais non foi asím. Na miña época, moitas mulleres pensabamos que os homes tiñan as súas primeiras relacións sexuais con prostitutas; entón eu díxenme, non o vou a permitir. Asím que nos puxemos de acordo unhas amigas máis eu e fumos a uns baños públicos. Eu estaba moi tensa, polo mesmo foi doroso, e o peor: quedei preñada."

"Cando cheguei á miña casa, estaba toda chea de culpa, sentía que todas as persoas que me miraban o sabían. Tiven moito temor de que el me abandonara, asím que cada vez que se retrasaba nas nosas citas, imaxinaba o peor. Eu sintía que xa non valía, por entregarme antes de casar, el estaba en todo o seu dereito de deixarme."

"Miña nai, tíñame abondo ameazada, cunha frase que repitía constantemente e que nunca esquencerei: 'Miña filla, Marisiña, ti sáesme cunha fregadeira e mátote. A el encarcéloo'. Imaxinas agora cal era o meu temor?. Total, que para tentar reparar o dano causado por unha quentura con aquel mozo, casamos. Agora dígolle aos meus fillos que teñan moito coidado con Don Sexo; eles rin. Pero se algo me ensinou a vida, é que as mulleres daquel tempo non somos como as de agora. Nós tíñamos medo. Moito. E agora, cólleme a vida con 51 anos e penso... Durei casada con el 27 anos e nunca supen o que era un orgasmo. É máis, cando dicía que estaba preñada, sabíame mal... Porque todos darían por sabido que eu xa fodera. Queridos cibernautas, eran outros tempos."

"Hoxe en día, miro as cousas de xeito ben diferente. Estou divorciada e teño unha nova relación, coa que por certo... Teño orgasmos"

Volare, corazón... Volare.

Volare, corazón... Volare.

Estás aquí, sol, contigo é máis sinxela a supervivencia. Eu, esta mañá, coloco unha canción sobre a túa fronte loira: "Volare". E póñome a voar como se fose un paxaro de cristal, transparente, en medio deste xuño que sabe a resaca. Voar sobre as cousas imposíbeis, os soños rotos, as historias de amor que rematan. A historia do amor, é sempre a historia do fracaso: Romeo e Xulieta, Dante e Beatriz, Casablanca... Todos fracasaron. Velaquí o destino certo das grandes paixóns. Se non fose así, non serían paixóns nin nada. Serían divertimentos. Esta mañá, escribo do amor porque estou canso de escriber das cousas intranscendentes que, pese a ser intranscendentes, vulneran a nosa vida: a política, os conflictos laborais, a nubelosa grisácea do absurdo navegándonos. Escrebo do amor, porque o amor axúdanos a vivir, inda que tal aventura sempre nos derrote. Amar, vivir...: son sinónimos. Se amas, vives; iso quero dizer. Os que pasearon algunha vez polo barrio da Nada, que é peor que o barrio da Melancolía, saben perfectamente que non minto. Se quedas en estado de botella vacía, estás fundido... Tanto como o Titanic, mais claro que non haberá un Leonardo di Caprio que te axude a non afogar, que te salve. A min, nesta hora sálvanme as cancións que escoito para non estar triste. "Volare". Outras veces, coloco rumbas na banda sonora da miña vida. Xuño merece ben non botar todo a perder, porque tal vez todo está xa perdido. Golpeo esta mañá o teu "cruasán" e o teu café: para que saltes. Porque sempre é duro vivir, mais vivimos. Porque hai que erguerse. Porque estamos fartos de caer. E porque non queremos caer nunca máis, nunca. Non quedará outro remedio, certo. Pero é mellor non sabelo, ou ignoralo. Poñede a radio do presente a todo volume. "Volare, corazón... Volare".

Whitney Houston

Whitney Houston

Inda que ultimamente, está pasando por moitos problemas e non se adique á música directamente... Sempre a lembraremos por ter unha voz fantástica e inigualábel,que incluso nos facía tremer con cada frase, cada palabra, cada entoación... Oxalá se recupere axiña, e para todas/os vós adícovos este "I will always love you". Único...

http://youtube.com/watch?v=VUoEil40qZA

AS LETRAS QUE NOS UNEN

AS LETRAS QUE NOS UNEN

Como non, hoxe é o seu día. Así que deixo posteado este recordo: a unha muller loitadora, galega e que consiguiu o que sempre anhelou inda que o tempo non lle permitise velo: o respecto ó galego.

POSÍBEL SAQUEO DA ARMADA ESPAÑOLA

POSÍBEL SAQUEO DA ARMADA ESPAÑOLA

PATRIMONIO (dependente da Consellería de Cultura, do BNG) denunciou na Garda Civil o posíbel espolio dun Galeón en Fisterra por parte do Exército do Mar Español (Armada).

A Dirección Xeral de Patrimonio presentou unha denuncia para que se investigue se un galeón afundido nas costas de Fisterra puido sufrir un espolio. O departamento que depende da Consellería de Cultura dirixiuse á Garda Civil do Mar logo de ter constancia de que efectivos da Armada española tiñan feito manobras no mesmo lugar onde está o buque afundido.

As alarmas saltaron en Fisterra o pasado xoves día 11. Varios mariscadores puideron ver como mergulladores da Armada traballaban no Rastrelo (praia do Sardiñeiro) xusto onde está afundido o barco. As sospeitas aumentaron pola presenza dun camión militar en terra.

Estudo
Patrimonio deu ordes para que se aclare se, tal e como afirman os veciños, os mergulladores sacaron obxectos do lugar. Agárdase que nos vindeiros días técnicos contratados pola Xunta fagan un recoñecemento da nave afundida.

Ioguslavia

Ioguslavia

  Despois de maldurmir por culpa dun alioli pelexón que ceei na outra casa, érgome e, co ollo aínda medio pechado, collo o coche para ir con mamápanda a Ioguslavia e ver aos avós e a rennes. Rennes está empezando a comprobar o que significa unha oposición, os cumes que sobes e as costas que baixas nunhas poucas horas; ao lume da cociña e acompañados como mandan os cánones lugoslavos (viño pelexón, nabizas tenras e lacón-glorioso-) falamos da paciencia e da constancia que require esa empresa; rimos moito a conta de partidas de brisca que acaban en pelexas e de vodas en caciquelandia que farían as delicias do almodóvar máis esperpéntico. nun arranque de sentidiño a avoa dinos a rennes e a min que nos miremos, que si nos cremos nós moita cousa, que quen nos dera voda coma aquela e non quedar para vestir santos. invocamos a santa rita, a santalucía, a san bieito e san antón e entre roscas de anís, lembranzas a rosalía por parte de meu avó e café, dan as catro e media da tarde. Cun frío que nindios, paseamos polos campos de inverno e merco víveres para hoover alpina: pan do de verdade, nabizas, chourizos e unha caixa de patacas (da casa, of course). É vespera da matanza e a casa non che está para lerias así que toca voltar cedo. De camiño a humidtown boto as contas do emigrante: esta dose de enxebrismo, cantos meses de morriña tapará?

SI FREAREMOS O CAMBIO CLIMÁTICO

SI FREAREMOS O CAMBIO CLIMÁTICO

  Amigos da Terra pón en marcha en colexios de educación primaria e secundaria das catro provincias a nova edición de "A aposta por frear o Cambio Climático", integrándose un ano máis na cadea europea. Nesta campaña nen@s, moz@s e educadores amosaran á Consellería de Medio Ambiente que con medidas cotiás lograrán reducir o consumo enerxético do centro educativo nun 8%.

  "A Aposta” pretende informar e concienciar aos mozos e mozas sobre un dos problemas ambientais máis importantes que sofre o noso planeta, o Cambio Climático. Esta campaña, que comezou en Alemaña no ano 1998, os mozos e mozas apostan que son capaces de reducir o 8% das súas emisións de CO2 no periodo de febreiro a maio do 2007. En Galicia vense facendo desde o 2002, pero por vez primeira a administración galega financia a campaña, “este ano contamos por vez primeira co apoio da Consellería de Medio Ambiente, sendo a contraparte da campaña e premiando a aqueles centros que cheguen a cumplir co compromiso de aforro, asimesmo aqueles que non sexan capaces de acadar o 8% de redución deberán compensar á Consellería con algunha acción”, declara Cristina Gómez, responsable da Campaña. Esta semana representantes de Amigos da Terra visitarán aos centros, IES Ponte Pedra (Ponteareas), IES 12 de Outubro (Ourense), CEIP Saco e Arce (Toén), CIP José García García (Ourense) e ao IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) formalizando o compromiso de aforro e presentando un almorzo alternativo, unha dinámica de concienciación na que se analizan os custos ambientais dos produtos que consumimos no noso almorzo diario, e buscando alternativas posibles e necesarias que minimicen as emisións de gases efecto invernadoiro.

A frase da semana...

A frase da semana...

O maior pracer dun home intelixente é aparentar ser idiota diante dun idiota que aparenta ser intelixente.

 

Arousa Norte: Síndrome Peter Pan?

Arousa Norte: Síndrome Peter Pan?

Cunha teimosía digna da cantiga celtista da Roda (sempre andan dicindo para o ano que vén... e chega outro ano e pasa tamén) os catro munícipes da Mancomunidade Arousa Norte volven poñer sobre a mesa a necesidade de dar un salto cualitativo desde esta entidade e comezar a xestionar servizos mancomunados. O diagnóstico leva tempo enriba da mesa: mancomunar servizos entre os concellos suporía mellorar as prestacións aos veciños e optimizar a xestión dos recursos económicos e materiais. Porén, mandato tras mandato deste órgano presidencialista no que rotan os alcaldes anualmente, non se dan posto de acordo máis que para editar conxuntamente folletos, ir ás feiras de turismo e repartir logo a escote as subvencións acadadas entre os concellos.

Mais a tentación do localismo e protagonismo mediático e de poder que exerce cada alcalde na súa quinta é moito para que pensen en diluir nun ente superior competencias que as limitan. Arousa Norte resístese a medrar.

¿Trebellas ou traballas?

¿Trebellas ou traballas?

Se te aborreces, lembra que a rede é unha caixa sen fondo e aquí toparás o inimaxinábel. Por iso, dende a xanela, propoñémoste un enlace onde leerás unha gran relación de palabras que se refiren ó sexo. Palabras galegas sinónimos de cona, de carallo, de seme, etc...

(http://mais.vieiros.com/letras2002/vocabulario.html)

Intelixencia, ironía e sensibilidade.

Intelixencia, ironía e sensibilidade.

*A morte é unha vida vivida. A vida, é unha morte que vén. (Jorge Luis Borges).

* Creo que parte do meu amor á vida, llo debo ó meu amor polos libros. (Bioy Casares).

*O pensamento voa e as verbas van a pé. Velaquí o drama do escritor. (Julien Green).

*A poesía non quere adeptos, quere amantes. (Federico Gcía. Lorca).

*Hai que saber onde está o límite para poder chegar. (Henry Miller).

*A miña misión é matar ó tempo e a deste é matarme á súa vez. Estáse ben entre asasinos. (Émile M. Cioran).

 

CONSULTORIO SEXUAL

CONSULTORIO SEXUAL

 Unha persoa que teña VPH, pode contaxiarme inda que non haxa penetración?

Para os que non estean enterados, o VPH (virus do papilloma humano) é un virus de ETS máis extendido en poboación de 20 a 24 anos, que producen verrugas e nalgunhas ocasión poden crear cancro de colo do útero, cérvix, de pel, de vaxina, de vulva, de ano e de pene.

Pois veredes, na maior parte dos casos o VPH contáxiase nos coitos sen protección cunha persoa que ten o virus, pero tamén se pode contaxiar polo simple contacto coa pel dos xenitais de persoas que xa padecen a doenza. Polo tanto, no coito mesmo protexéndose cun correcto uso do condón persiste a posibilidade de contaxio a través da pel.

Ó meu mozo, sempre se lle enrosca o condón e iso pode ser perigoso. A que se debe?

Poden suceder dúas cousas, que o preservativo sexa unha tallaxe inferior á precisa (pedide na farmacia unha talla maior e topade a  óptima) ou que pola contra, o preservativo sexa unha tallaxe maior á precisa. Neste caso, merca condóns máis pequenos.


 

IGREXA CATÓLICA: TERROR, CRIMES E CARTOS.

IGREXA CATÓLICA: TERROR, CRIMES E CARTOS.

Benvidas e benvidos ó lado escuro da igrexa. Actualmente a Igrexa persiste en impoñer os seus dogmas trasnoitados utilizando as mEsmas tácticas para someter sicoloxicamente ás mentes débiles e a tódolos que ainda sen querelo, fan causa comun con
esta cúpula mafiosa. A principal artimaña da igrexa, radica en que a persoa queda ligada a ela dende o seu nacemento; como lle pasou ós seus pais, avós, bisavós, tataravós, veciños, tíos, amigos... Polo tanto, o suxeito cristián crea sicoloximente un lazo de pertenza a esa comunidade. Polo tanto, o difícil é saír, non entrar.

Hoxe expoñeremos a modo de esquema o que pode facer e ó que chegou o Vaticano, gran símbolo do crime, da mentira no mundo, creador dun imperio de medo e fanatismo, que moi intelixentemente lle foi útil para leva a cabo accións como a cristianización, tales como cruzadas, conquistas en América e África, loita permanente co que chaman herexía, a súa participación en guerras, asasinatos...

*Ano 314, asínase unha alianza entre Igrexa e Estado que se prolongará por sempre. Os obispos decretan morte a todo aquel que se rebele.

*Agustín de Tagarte (345-430) doutor e pai da Igrexa, para el era mellor queimar a un herexe que abandonalo nos seus fallos.

*No ano 382, Teodosio I suscribiu editos de morte. Son os comezos do que remataría sendo a Santa Inquisición.

*Século XV: Cruzadas contra os Husitas, miles de mortos.

*No 1538 o Papa Pablo III declara unha cruzada contra a Inglaterra apóstata e declara a tódolos ingleses escravos da Igrexa(afortunadamente non tiveron o poder para enforzar o decreto).

*1568 A Inquisición española ordea o exterminio de tres millóns de rebeldes en Holanda (nesa época española).

*Queimaron o 17 de febreiro de 1601 a Giordano Bruno, no 1633  Galileo Galilei foi torturado, vexado e obrigado a recitar unha abxuración.  A Igrexa, reservouse ata a ilustración o dereito de decidir sobre a ciencia, algo que seguen facendo actualmente e no que nunca mantiveron as competencias precisas. A "herexía" de Galileo foi apoiar o modelo heliocentrista de Copérnico (a Terra é a que xira sobre o Sol).

*Século XVII: Os católicos matan a Gaspard de Coligny, logo destrípano. Córtanlle cabeza, mans e xenitais. Logo tírano ó río.

*Século XVII: Oscatólicos saquean a cidade de Magdeburg (Alemaña). Uns 30,000 protestantes mortos. Incluso fillos nas barrigas das súas nais destripados.

*Millóns de mortos nas conquistas de África e América, "en nome de Deus."

*A IGREXA CATÓLICA BENDIXO O ASASINATO DE "ROJOS" DURANTE O FRANQUISMO.

*Participación na IIª Guerra Mundial cos nazis no expolio de ouro xudío, hoxe en día na Santa Sede do Vaticano.

*As dictaduras Arxentina, de Brazil, de Chile, Bolivia entre outras, sempre foi lexitimada polos xerarcas da Igrexa.

Esto entre centos de miles de crimes tan importantes como os nomeados. Esto é unha breve reseña. Recorda que estes datos son verídicos e comprobábeis en calquer soporte enciclopédico que se precie.

A túa permanencia nesta organización é opcional. Calqueira persoa que se precie de ter un mínimo de sentido común e non se deixe enganar, poderá abrir os ollos e ser partícipe dos GRANDES CRIMES DUNHA ORGANIZACIÓN QUE SE MOVE A COTÍO NUN MEDIO ESCURO E QUE A MAIORÍA DA POBOACIÓN APOIA.


TODO SOBRE A APOSTASÍA

TODO SOBRE A APOSTASÍA

A apostasía, é un procedemento legal polo cal un cidadán ten a posibilidade de abandoar a pertenencia á Igrexa Católica despois de entrar a formar parte nela mediante o bautismo, acto do que un recén nado non ten consciencia.

 Para apostatar, isto é, reclamar a supresión á Igrexa Católica dos nosos datos persoais, realízanse dous procedementos paralelos:

 *Envío dunha reclamación á propia parroquia onde un foi bautizado, pois é aí onde se gardan os libros parroquiais.

 *Envío dunha reclamación ó obispado/arzobispado (no caso da Pobra do C. remitencia ó Arzobispado de Stgo. de Compostela) ó cal pertence a parroquia na que se recibiu o bautizo.

Estes modelos de reclamación poden ser descargados da rede ( www.apostasia.es ) e ti somente os terás que cubrir cos teus datos. Na páxina antes citada, tamén terás información ó por menor, máis completa e asesoramento.

Unha vez enviadas, caben varias posibilidades:

 *Aceptan a solicitude accedendo á supresión dos nosos datos persoais e remata o noso proceso de apostasía.

 *Néganse a suprimir os nosos datos. Neste caso, cabe cursar unha denuncia ante a Axencia Española de Protección de Datos, para o que tamén existe un modelo colgado na páxina www.apostasia.es.

 *Que poñan trabamentos para suprimir os datos. Neste caso, tamén cabe cursar unha denuncia ante a Axencia Española de Protección de Datos.

 *Pasa máis dun mes sen que recibamos resposta algunha. Se ese é o caso, deberemos tamén cursar unha denuncia ante a Axencia antes mencionada.

(Modelos e información sobre o proceso: http://www.apostasia.es/es/info.php ).