Reflexiona e brinca!

A vida, neste mes, sempre me lembra que o tempo é finito, cualidade que debe facernos reflexionar na trascendencia da nosa existencia. Por iso, un cambio a tempo sempre merece a pena. Desfrutade do día a día e se vos sentides tristes... ¡Brincade!
A segunda transición é precisa

Dende a instauración da Constitución Española de 1978, lexitimouse no Estado Español un sistema político bipartista. Os creadores deste sistema (que non foron outros máis que os redactores do texto constitucional) tentaban buscar un equilibrio político que fluctuase entre a Segunda República e o réxime franquista e que ao mesmo tempo lles permitise manter o goberno a uns e aos outros (PP e PSOE), co obxectivo de manter unha "estabilidade política". Na redacción da carta magna excluíronse as vontades das diversas realidades políticas e nacionais, ao tempo que tamén se aproveitaba para blindar ao Estado Español fronte a futuribles movementos separatistas. A este respecto, é convinte facer un repaso fugaz aos artigos que -como xa indiquei anteriormente- blindaban a esa España que herdaba matices políticos do franquismo ("España: una, grande y libre"). Pois ben, no artigo 2 da constitución atopamos:
La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria
común e indivisible de todos los españoles, y reconoce y garantiza el derecho a la
autonomía de las nacionalidades y regiones que la integran y la solidaridad entre todas
ellas.
Velaquí se expresa explicitamente que inda que a vontade popular elixise que unha nación histórica se independizase, tal cuestión sería ilegal en base a este precepto constitucional. Logo, preguntémonos: ¿Reside a soberanía de España no pobo? A resposta non deixa de ser unha gran obviedade.
Mais a cousa non queda aí. No artigo oitavo, apúntase:
Las Fuerzas Armadas, constituídas por el Ejército de Tierra, la Armada y el Ejército del Aire, tienen como misión garantizar la soberanía e independencia de España, defender su integridad territorial y el ordenamiento constitucional.
Isto é. No caso de que un movemento social e político decidise promover un referéndum de autodeterminación (que tan só é un referéndum para coñecer a vontade do pobo, de xeito pacífico e nunca belicoso) incluso poderían chegar a intervir o que a Constitución define como Fuerzas Armadas e o meu empeño afánase en definir como Forzas Desalmadas.
E para apuntalar esta indisolubilidade e esta marxinación política do que PP e PSOE chaman minorías, artellan unha serie de mecanismos que fomentan inda máis este réxime bipartidista español:
- Circunscripcións electorais moi numerosas, en concreto 52 (artigos 68 e 69 da constitución: unha provincia, unha circunscripción). Con isto, o que conseguen é rebaixar o número de persoas electas por circunscripción, fomentando que os grandes partidos acaparen a maior parte da representatividade. Con esta estratexia, penalizan a partidos políticos como Izquierda Unida, claramente a terceira forza política de España. Deste xeito favorécese a creación de forzas rexionalistas e nacionalistas cuxo teito crecemento nunca sobrepasará a cuota electoral desa área.
- Lei electoral (método d’Hont): que reparte os escaños a elixir en función do maior número de votos contabilizados.
- As iniciativas lexislativas populares (ILP) non poden empregarse, en España, para efectuar cambios constitucionais.
Após de todo isto, no artigo 161.1 e 161.2, precísase:
No se computarán los votos de las candidaturas con menos del 3% de votos en la circunscripción y que los representantes se asignarán a las listas restantes en función del Sistema d’Hont.
Os cidadáns do Estado Español estamos asistindo a situacións como que a terceira forza política do Congreso sexa a sexta en número de votos, cuestión que é un claro exemplo do roubo da soberanía popular que artellaron os embrionarios dos actuais PP e PSOE, co obxectivo explícito de que os cidadáns deste Estado estén a mercé destes partidos políticos, sen que exista outra posibilidade de goberno.
E inda por riba, a miúdo temos que soportar como moitos políticos, cando acadan unha maioría simple e non logran o goberno, enuncian a cruel frase: "a lista máis votada debería gobernar"; esquecéndose por completo da pobre democracia parlamentaria (que non presidencialista) que rixe este país. Se cada representante parlamentario é a expresión da soberanía popular e o sistema democráctico é parlamentarista, ¿cal é a sin razón que pode xustificar gobernos presidencialistas sen o apoio dunha maioría social?
Pero o grado de corrupción do bipartidismo nin tan sequera queda aí. A separación do poder lexislativo, executivo e xudicial está fortemente prostituido por ese bipartidismo político. E explícome, a soberanía popular (disque) é a que elixe o poder lexislativo do xeito corrupto e pouco proporcional que xa vimos previamente. A continuación, o lexislativo é o que elixe ao poder executivo e finalmennte volve ser o lexislativo máis o executivo os que nomean a membros de tribunais da importancia e calado como o constitucional ou o supremo.
Xa é hora, pois, de que as cousas cambien. Ao meu entender, os representantes da soberanía popular deberíanse elixir en base a circunscripcións da súa competencia (Congreso por circunscripción única, Senado por circunscripción rexional/nacional e Asambleas/Parlamentos rexionais/nacionais por circunscripción rexional/nacional), deberíase eliminar o mínimo do contabilización de votos do 3% para cada partido por circunscripción e deberíase empregar un sistema de atribución de escanos máis proporcional, como é o método do cociente Droop.
Un saúdo,
Agustín Pérez
Locais 2011 en Arousa Norte
O vindeiro ano, a comarca enfrontarase a un novo proceso electoral. O obxectivo, será someter as actuais corporacións locais á opinión dos administrados. O panorama para uns pinta dantesco, para outros favorábel e outros non agardan cambios sustanciais. Analicemos a situación en base aos resultados electorais de 2007 a partir dos cales están constituídos os gobernos municipais:
Rianxo [Datos: partido político, votos, % de votos e edís]
PSOE - 3540 - 49.73 % - 9
BNG - 1737 - 24.40 % - 4
PP - 1725 - 24.23 % - 4
O probábel é que o PSOE non consiga manter a maioría absoluta e acade unha maioría simple coa que gobernar. Os socialistas están en caída libre, xa que deixaron polo camiño 813 votos. O BNG, sendo a segunda forza, logrou rentabiizar a oposición con 559 votos máis e o PP fixo o mesmo con un aumento de 451 votos. A abstención, tamén sufriu un forte ascenso.
Boiro:
PP - 3500 - 32.02 % - 6
BNG - 3488 - 31.91 % - 5
PSOE - 2585 - 23.65 % - 4
IC - 1175 - 10.75 % - 2
En Boiro, no período 2003-2007, o PP sufriu unha fortísima caída, perdendo 1.558 votos. Os demais grupos subiron: 572 o BNG, 334 o PSOE e 131 Velo (IC). Mais nisto hai algo moi curioso debido á lei de D’hondt, que é a fórmula de elección dos edís: o PP somentes obtivo12 votos máis en todo o concello que o BNG (véxanse arriba os resultados electorais), polo que se os frentistas acadasen un voto máis o sexto edil conservador iría para as bancadas do BNG, cuestión que afundiría inda máis aos populares. Inda así, os nacionalistas precisan do apoio do PSOE para o goberno.
Pobra:
PP - 3117 - 50.4 % - 9
BNG - 2257 - 36.5 % - 6
PSOE - 699 - 11.3 % - 2
Na Pobra os conservadores gobernan por unha axustadísima maioría absoluta, en concreto por 168 votos. É dicir, se o BNG obtivese 168 votos máis, o edil noveno do PP pasaría para os nacionalistas, co que se desbancaría a Isaac Maceiras da alcaldía, contando sempre co apoio socialista. Atendendo a unha análise por partidos, o PP e o PSOE seguen na súa tendencia á baixa (con respecto 2003) xa que perderon 466 e 311 votos, respectivamente, namentres os nacionalistas lograron 625 papeletas máis.
Ribeira:
PP - 6865 - 48.94 % - 11
BNG - 3634 - 25.91 % - 6
PSOE - 1780 - 12.69 % - 2
IPDER - 1540 - 10.98 % - 2
En Ribeira a situación é semellante á da Pobra. Se o BNG subise con 180 votos, o concelleiro número 11 dos conservadores pasaría a ser nacionalista co que Torres Colomer (PP) perdería a maioría absoluta, enfrontándose a un ambiente pouco propicio para o pacto con outras forzas. Polo tanto, nesa tesitura o BNG buscaría apoio do PSOE e do IPDER para conquistar a alcaldía. Por partidos e con respecto a 2003, o PP e Independentes perderon 1.164 e 74 votos, respectivamente, o PSOE ascendeu con 171 votos e o BNG alzouse con 649 votos máis.
¿Que deparará o 2011? Probablemente o PSOE rianxeiro perda a maioría e precise de pactos co BNG, o BNG siga na alcaldía de Boiro e o PP perda as as maiorías absolutas de A Pobra e Ribeira, transferíndolle sendas alcaldías aos nacionalistas. Queda moito e xa se verá.
Punto e seguido IV
purrela está a comprobar o dura que é a vida cando un malvive desganado pensando no que queda por vir. namentres eu espero, e ás veces desespero, a que os monsters de frikinet volvan estar a dez euros de autoestrada, camiño do verán que semella abocado a unha gran bacanal de graos centígrados. ás veces o meu corpo semella dar os primeiros síntomas de hipersaturación. cando llo comento a madam millet, sabiamente reflexiona que tanto viñopais con tan pouca carne pasan factura. millet é unha depravada nata. Son as 4am e aparece, como non, a segunda de abordo entre rondescolorido e palabras que maldín unha vida adicada ao xénero oposto. e volven os pesadelos. o pesadelo da nubelosa grisácea que non deixa coruña dende fai tres meses. a miúdo todo semella do revés. ten razón tresdécadas máis un. e é que deus dálle pan a quen non ten dentes. saúdos dende milsoños.
Dime

Kafka queixábase da falta de cariño do seu pai. Dicía que era home áspero, incapaz de dar unha caricia. Coñezo a moitos individuos que son como o pai de Kafka. E non me interesan. Tamén coñezo outros que morren de ganas por dar caricias... e non saben. Coñezo incluso algúns que non saben bicar. E outros que non pronuncian nunca as palabras imprescindibles, que son sempre as mesmas: necesítote, teño ganas de estar sempre ao teu lado, quérote moito, oxalá teñas un magnífico día, grazas por estar, son o teu amigo, etcétera, etcétera, etcétera. Hai seres que din amar con loucura e, non obstante, son incapaces de achegarse á pel do outro, da outra. Arrimarse por tras do seu pelo, sentir o seu recendo, botar as mans á súa cintura e dicirlle: que lindo que estás así. Vivimos no mundo do disimulo e da mentira. Hai quen vive eternamente no silencio. Xentes incapaces de expresarse con palabras, ou coas mans, ou cuns ollos que acerquen e non separen. Convertemos o mundo nun lugar frío e baleiro. Un territorio de seres ausentes que aparecen unicamente no ocio cotián e repetido ou contemplándose na pantalla do televisor en programas de ampla audiencia. Vivimos ignorando o valor das palabras que curan tanto como as benzodiacepinas. Eu quero que me digan canto me queren, se é que alguén é capaz de querer a un tipo coma min. Que me tiren os pratos á cabeza cando rompo algunha das miñas promesas. Quero que me traten con calor, agora que o frío -dixen arriba- é o señor do mundo. Pero sobre todas as cousas quero que as persoas importantes para min digan e non calen. Eu non amo ao pai de Kafka, senón a eses que mandan mensaxes en ocasións insubstanciais, bromas, cancións, poemas... sei que están pensando en min, agora que cada vez pensamos menos nos outros. Sei que me están gritando: "Dime, anda... preocúpate ti tamén por min". Non sexas, escritor, como o pai de Kafka.
Xosé Carlos Caneiro
Enquisa: a Cidade da Cultura

Xa que o desgoberno do PP do Fragasaurio nos abocou á construcción do mausoleo bautizado co nome de "Cidade da Cultura", e xa que hoxe en día inda non dispón dun obxectivo funcional ben esclarecido, os visitantes da web "ww.revistaretranca.com" bótanlle unha man a Feijoó no asunto, esclacerendo a funcionalidade futura de tal complexo a través dunha enquisa:
¿Que faría vostede coa Cidade da Cultura?
- 25% Un parque temático para xubilados.
- 14% Un complexo para Festas Gastronómicas.
- 25% A cidade do xogo "As Veigas".
- 35% Unha macro-cafetería para funcionarios da Xunta.
Catherine Millet. Vida sexual.

Catherin Millet foi unha das mulleres que tiveron o gusto de narrar a súa biografía sexual. O seu caso é chamativo xa que o fixo sen esconderse, baixo un seudónimo, sendo ela unha muller ben coñecida no panorama artístico francés. Os seus praceres foron bastante transgresores e a súa afición levouna a desfrutar de un home tras outro en orxías multitudinarias onde, en ocasións, ela era a única muller. A continuación, xúntase unha narración súa:
"En la “partouzes” más concurridas en las que participé, a partir de los años que siguieron, podía haber hasta ciento cincuenta personas, más o menos (no todas follaban, algunas habían ido a mirar), de entre las cuales podemos calcular que yo acogía el sexo de alrededor de una cuarta o quinta parte, según todas las modalidades: en las manos, en la boca, con el coño, con el culo. A veces intercambiaba besos y caricias con mujeres pero eso era secundario. En los clubs la proporción era mucho más variable, con arreglo a la frecuentación, desde luego, pero también a las costumbres del sitio: volveré sobre este punto. El cálculo sería mucho más difícil en el caso de las noches pasadas en el “Bois”: ¿solo habría que contar los hombres a los que se la he mamado, con la cabeza arrinconada contra el volante, y los hombres con los que me tomé el tiempo de desnudarme en la cabina de un camión, y descontar los cuerpos sin cabeza que se turnaban al otro aldo de la portezuela del coche, meneando con mano frenética su minga de diversos grados de rigidez, mientras que la otra se zambullía por la ventanilla abierta para amasarme enérgicamente el pecho? Hoy soy capaz de contabilizar cuarenta y nueve hombres de los que puedo afirmar que su sexo ha penetrado en el mío y a los que puedo atribuir un nombre o, por lo menos en algunos casos una identidad. Pero no puedo computar a los que se confunden en el anonimato."
Cantares eróticos

“E pousa e pousa e pousa
e non me toques naquela cousa
lara lalara lalá
e pousa e pousa axiña
e non me toques naquela cousiña”
O cantar, en boca de muller, di en imperativo: “pousa!”, e repite: “pousa!”, e aínda esixe por terceira: “pousa axiña!”. É evidente que á muller pícalle alí, pero bira de súpeto e di que aquela cousiña mellor non.
A “cousiña”, non hai que ser menciñeiro para darse de conta, é o clítoris.
Xeración tras xeración as nais ensinan cantando aos fillos que ás mulleres gustan de seren apalpadas, mais os homes débense abster de agarrar o garbanciño. Aínda hai algún paspán farto de escoitar o “pousa pousa” que segue a facer o parvo na ameixa da súa dona.
Porque, e aquí vai o meu consello, se queres darlle gusto á túa moza, pousa a manciña na papuxa dela un bo anaco sen movela, so sentindo a calor, concéntrate na vida que se alberga dentro dese cofre, non o abras, deixa que bula, aniña coa man esa parruliña palpitante e sorrí cando comece a se mollar. Verás qué enchenta.
Claro e limpo coma o millo recén mallado: pousa axiña e non toques aquela cousiña.
Impactante

PREMIO INÚTILES MAIO 2008: "Aos profesores dos cativos que saen fotografados".
Este foi o meu primeiro pensamento (IMPACTANTE) ao ver a fotografía na web de vieiros, zona que navego con frecuencia. O alcalde popular Regos (da localidade coruñesa de Ordes), quixo celebrar o "Día das Forzas Armadas en Ordes". Non sei o que pensaredes vós, pero a min púxoseme un nó no estómago ao ver os nosos cativos/as como tontean coas armas. E eu pregunto... ¿cal é a misión dunha arma militar?. Sensatamente, creo que é manter o control a través do medo, coa morte.
Señores profesores e profesoras destes cativos, ¿Como carallo -perdóeseme o termo- puideron permitir esta actividade?, ¿Que lle ensinan nas aulas para que logo vexan estas mostras?. Eu como pai, falaría cos mestres seriamente.
"Non ás armas. Sí ao diálogo": esa debe ser a frase a ensinar polos mestres das nosas crianzas hoxe, adultos no mañá.
Cumprimos dous anos.

Fai uns cinco anos, foi a primeira vez que subín un artigo (no blog vello) a internet. Daquela, o blog era un completo descoñecido e os spaces comezaban a nacer alá polos EEUU. Por suposto, os fotologs e os postcast eran inda algo imaxinábel.
Pero o tempo voa, e máis cando se trata da rede. Parece mentira, pero xa levo dous anos posteando para a xanela.
FELICIDADES!
Orxía estudantil.

Un instituto británico reparte a píldora do día despois, tras unha orxía duns 200 alumnos.
O profesorado do instituto inglés Queen Elizabeth School tomou a medida, sen precedentes, de repartir entre as súas alumnas a píldora do día despois, a raíz dunha festa na que participaron máis de 200 alumnos e que finalizou nunha desenfrenada bacanal de drogas, alcohol e sexo. “Moitos dos menores mantiveron relacións sexuais sen protección”, indicaba un comunicado alarmista emitido polo centro e enviado a tódolos país.A festa tivo lugar nun local alugado con firmas falsificadas de adultos.
Os pais dos alumnos, pensaban que os seus fillos ían a unha festa escolar tutelada polos seus profesores. Mais, lonxe disto, naquela sala non había un só adulto. E a situación desembocou nunha orxía desenfrenada. Rompeuse mobiliario da sala da festa, atopáronse restos de drogas e lixo. A noticia, extendeuse polo pobo enteiro. Moitos veciños, indicaron que viran nesa noite a xóvenes correndo polas rúas en roupa interior e incluso espidos.
A xefa de estudos do instituto, Alison Hughes indicou: «a maioría das alumnas que mantiveron relacións sexuais estaban demasiado borrachas como para ter control dos seus actos, polo que o risco é real e polo tanto os pais deben asumi-lo peor». Tamén indicou que un dos alumnos pudo morrer polo perigroso cóctel de alcohol e drogas, xa que cando unha ambulancia o conducía ó hospital outros xóvenes atacaron o vehículo.
Premios Razzie 2008 da xanela
Mellor película: Ratatú, de Debates Presidenciais S.A.
Mellor director: José Luís Rodríguez Zapatero, por SuperZP o home arañavotos.
Mellor actor: Mariano Rajoy, por O ultimátum de Brey.
Mellor actriz: Esperanza Aguirre por: Espe, a idade de ouro.
Mellor actor secundario: Alberto Ruíz Gallardón, por Pozos de Ambición.
Mellor actriz secundaria: Carme Chacón ministra de vivenda, por Baixo as estrelas.
Mellores efectos especiais: Manuel Pizarro, por Transformers.
Mellor montaxe: á escudería McLaren, por Expiación.
Mellor película estranxeira: Cuba (logo da elección da nova cúpula, con Raúl Castro á fronte), por É país para vellos.
Mellor guión orixinal: Mataharis, de Carla Bruni e Nicolas Sarkozy.
Mellor dirección artística: Antonio Rouco Varela, por O Orfanato.
A MÁIS SINCERA NORABOA DENDE A XANELA (Extracto do diario De Luns a Venres)
Carta a Deus.
Querido Deus:
Espero que ao recibo desta, se atope ben. Nós mal, como sempre. Agora por un asunto que quizáis lle interese e non sexa sinxelo de resumilo en dúas palabras. Resulta que unha parte dos seus fieis pretende que o Estado financie os gastos inherentes a unha asignatura de relixión católica. Como son xente moi belicosa, díxoselle no seu día que de acordo, que as escolas ofrecerían obrigatoriamente esta "materia", inda que sería de carácter voluntario para o alumnado. En principio parecía unha solución equitativa e xusta, porque ningunha das partes se impoñía sobre a outra. Pero agora desexan que os alumnos que non estuden relixión se lles penalice de modo algún, para evitar disercións. Deus, e é que os teus non conciben outra forma de difundi-la túa existencia que a través do BOE e en forma de Decreto.
Que raro que ao cabo dos tempos, Deus volte a se-lo de sempre: un decreto, un proxecto de lei, unha ordenanza imposta a gritos dende un púlpito radiofónico no que tódo-los días se crucifica a alguén no cumprimento, unha vez máis, daquela regla segundo a cal o crucificado se converterá en crucificador. Os nosos queridos obispos, que nunca saíran á rúa, manifestáronse xa unhas cantas veces recentemente: para esixirlles aos homosexuais que abracen o celibato, outra para dicirlle ás nais o que teñen que facer cos seus embrións e outra para converterte nun precepto. ¿É razonable que os individuos que non se movilizan por nada, estando o mundo feito un cristo (con perdón), se comporten así?.
E namentres, outros din que mellor é non queixarse, porque agora somente gritan. Fai moi pouco, mataban. De feito, todavía circulan por aí versións de vostede nas que aparece como un sanguinario que desfruta vendo inmolarse aos seus mentras sementan restaurantes, prazas ou mercados de cadáveres. ¿Pero como vai querer Deus isto?. Pregúntaslles e eles asegúrante que sí, que iso é o que desexa Deus, iso e a asignatura de relixión nas escolas públicas dun Estado aconfesional. Estas letras, querido Deus, son para que lles envíes unha sinal das cousas que non son como eles din (como enuncia o refrán, cadaquén na súa casa e Deus na de todos/as). Pero non quixera despedirme de vostede se facerlle un par de preguntas... ¿Por que puxéchelo sexo tan preto do cu e por que hai tantos obispos castrenses?. Moitas grazas.
Artigo cedido á Xanela por: Juan José Millás.
2040

2040 é a cifra total de visitas que recibiu a xanela neste 2007 que se vai. Unha cifra pobre, pero modesta e suficiente para un blog dun don ninguén.
Con respecto ao fin de ano, eu asinaba por ter un 2008 como este 2007. Para os que asinen o mesmo, o contrario ou algo que non teña nada que ver...
FELIZ ANO NOVO XANELEIROS!






